Diego Pampín estréase na selección Sub-19 e Alomerovic repite na Sub-21

Os dous laterais esquerdos do Celta B, Diego Pampín e Din Alomerovic, continúan apontoando a súa traxectoria internacional. O canteirán Pampín foi convocado coa selección Española Sub-19 para os adestramentos oficiais que o combinado nacional realizará desde hoxe e ata o vindeiro mércores na Cidade do Fútbol de Las Rozas. Pola súa banda, Alomerovic foi … Continuación

O Celta B supera ao líder cunha exhibición de ‘afouteza e corazón’ (2-1)

Extraordinario partido do Celta B ante o primeiro clasificado do Grupo 1, o Fuenlabrada. Os de Albés non só tutearon ao líder, senón que se fixeron co dominio do choque segundo avanzou o cronómetro e, con goles de Agus e Molina, selaron unha vitoria chea de 'afouteza e corazón'. Os visitantes adiantáronse ao vinte minutos … Continuación

Aberta a inscrición para os clinics de Semana Santa da Fundación Celta

Xa é posible inscribirse nos clinics de Semana Santa que cada ano organiza a Fundación Celta de Vigo. Este ano, a actividade se ampla cun variado catálogo de sedes para que os celtistas de diferentes puntos de Galicia poidan gozar dun, dous ou até tres días de fútbol da man dos adestradores da canteira celeste. … Continuación

O Xogador Definitivo con Brais Méndez

LALIGA GENUINE RECIBE “O PREMIO ESPECIAL DO XURADO” NA XXXVIII GALA NACIONAL DO DEPORTE

LALIGA GENUINE RECIBE “O PREMIO ESPECIAL DO XURADO” NA XXXVIII GALA NACIONAL DO DEPORTE A Gala Nacional do deporte, organizada pola Asociación Española de Prensa Deportiva, premiou aos mellores do 2017. O pasado luns 26 de febreiro, LaLiga Genuine recibiu o premio nacional do deporte, da Asociación Española de Prensa Deportiva que premia aos mellores … Continuación

Derrota pola mínima do Celta B en Toledo (1-0)

O triunfo continúa sendo esquivo para o Celta B lonxe de Barreiro. Os celestes caeron pola mínima no campo do Toledo este domingo a pesar de comezar dominando o partido e de gozar dun bo puñado de ocasións para polo menos puntuar. Os locais adiantáronse no minuto 37 do primeiro tempo, cederon o esférico ao … Continuación

Toledo-Celta B: convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a dezaoito xogadores para o partido da xornada 27 de Segunda División B ante o Toledo (domingo, 12:00, Salto del Caballo). A listaxe fórmana Sotres, Jero, Kevin, Robert, Ros, Pampín, Riki, Rai, Serrano, Molina, Tià, Agus, Pastrana, Aarón, Roigé, Juan Hernández, Drazic e Dennis. Solís e Alende … Continuación

O Celta alcanza os cuartos da U13 Intercontinental Football Cup de Dubai

Espectacular participación do Celta Infantil B na esixente competición Sub-13 International Fotball Cup de Dubai. Os celestes alcanzaron os cuartos de final do torneo tras superar na fase de grupos á Canadian Academy Football (3-1), ao Al-Ahly (2-0) e o Sharjah (5-0), este último tamén rival nuns oitavos de final nos que os vigueses gañaron … Continuación

O Celta Infantil B pon rumbo á U13 Intercontinental Football Cup

O Celta Infantil B partiu este martes desde A Madroa cara á cidade emiratí de Dubai, onde participará do 22 ao 24 de febreiro na U13 Intercontinental Football Cup, un torneo internacional de máximo nivel no que se poderá gozar dalgúns dos proxectos de fútbol base máis potentes do planeta. Liverpool, Juventus, Real Madrid ou … Continuación

O Celta B enterra a súa racha cunha goleada ao Cerceda

O Celta B puxo fin a súa racha cunha traballada vitoria ante o Cerceda. Os celestes buscaron con empeño superar a firme barreira defensiva do rival para obter un triunfo que os liberase da ansiedade xerada polos resultados deste 2018. Un gol en propia porta, e dous de Juan Hernández e Dani Molina enterraron a … Continuación