Visita á Sede e reunión escola asesoramento da Fundación Celta en colaboración co club Estrada Fútbol Base

Esta mañ tivo lugar na Sede do RC Celta unha reunión da Fundación Celta co club Estrada Fútbol Base acerca da escola de asesoramiento que ambos teñen en colaboración. También se realizou unha visita polas novas instalacións cos coordinadores do club José L. Cerviño e Marcos Piñeiro Puente.

Pampín, operado da fisura do quinto metatarsiano, entre 8 e 10 semanas de baixa

O lateral celeste Diego Pampín foi operado este martes de xeito satisfactorio da fisura no quinto metatarsiano do pé dereito que sufriu no partido ante o Racing de Ferrol disputado o pasado 17 de marzo. O canteirán celeste permanecerá de baixa entre 8 e 10 semanas. O club deséxalle unha pronta e completa recuperación.

Firma convenio e escola asesoramiento co club Vigo 2015

Esta mañá firmouse na Sede do RC Celta o convenio de colaboración e a escola de asesoramiento entre a Fundación Celta e o Club Vigo 2015. Acudiron á firma D. Germán Arteta Torres, director da Fundación Celta e D. Francisco J. Fernández, Presidente do Club Vigo 2015.  

Destacado papel da canteira celeste nos torneos de Semana Santa

A canteira do RC Celta pechou a Semana Santa cun bo puñado de éxitos en torneos rexionais, nacionais e internacionais. O Cadete A en o Cesaraugusta, o Cadete B no MIC Football, o Alevín B na Oviedo Cup e o Benxamín B nos torneos de Louro e Cangas, alzáronse cos títulos de campións tras exhibir, … Continuación

O Celta B supera con orde e ambición ao líder en Barreiro (3-0)

O Celta B sumou ante o líder da categoría a súa terceira vitoria consecutiva tras unha exhibición de orde, rigor e ambición. O filial defendeu con gran solvencia e atacou con intelixencia para superar a un bo Raio Majadahonda, que se quedou en inferioridade na segunda metade pero non baixou os brazos e empregouse con … Continuación

Celta B-Majadahonda: convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou aos xogadores dispoñibles para o partido deste domingo ante o Rayo Majadahonda (Barreiro, 12:00 horas) correspondente á xornada 32 de Segunda División B. A listaxe fórmana: Jero, Fran, Kevin, Robert, Ros, Riki, Alende, Serrano, Tià, Franco Lobos, Dani Molina, Alomerovic, Juan Hernández, Agus, Pastrana, Aarón, Roigé, Drazic … Continuación

O Celta B suma un valioso triunfo ante o RM Castilla en Valdebebas (0-1)

O Celta B logrou unha traballada vitoria esta noite en Valdebebas ante o RM Castilla, ao que derrotou grazas a un tanto de Drazic na primeira metade. Os celestes defenderon con orde e determinación e contragolpearon con perigo. O encontro deixou, ademais dun valioso triunfo, o regreso de Diego Alende trala súa lesión.

Castilla-Celta B: Convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a 18 xogadores para o partido deste sábado ante o Real Madrid-Castilla (Alfredo Dei Stéfano, 20.30 horas) correspondente á xornada 31 de Segunda División B. A lista fórmana: Sotres, Fran, Kevin, Robert, Ros, Riki, Alende, Rai, Serrano, Dani Molina, Juan Hernández, Agus, Brais, Pastrana, Aarón, Roigé, Drazic … Continuación

A Madroa recibe a quince alevíns da Escola Celta Campeche

Quince alevíns da Escola Celta Campeche chegarán este sábado a Vigo para integrarse na disciplina da Madroa. Acompañados por dous técnicos da escola céltica no páis mexicano, os novos futbolistas participarán en tres torneos de fútbol base (Erizana, Louro-Tameiga e Arousa Cup) e durante quince días terán a oportunidade de convivir co resto de canteiráns … Continuación

Brais Méndez: “Non teño ningunha dúbida de que ao final conseguirémolo”

window.fbAsyncInit = function() { FB.init({ xfbml : true, version : ‘v2.5’ }); }; (function(d, s, id){ var js, fjs = d.getElementsByTagName(s)[0]; if (d.getElementById(id)) {return;} js = d.createElement(s); js.id = id; js.src = “//connect.facebook.net/en_US/sdk.js”; fjs.parentNode.insertBefore(js, fjs); }(document, ‘script’, ‘facebook-jssdk’));