O Celta B gaña potencia e velocidade co extremo Dani Vega

O RC Celta pechou a incorporación do extremo Dani Vega para o equipo filial. O futbolista emeritense, procedente do Real Valladolid B, será celeste as próximas dúas tempadas con outras tres opcionais. Dani Vega (Mérida, 1997) é un extremo destro, aínda que tamén emprega a perna esquerda. Con capacidade para desenvolverse por ambas as bandas … Continuación

O canteirán Riki Mangana convocado pola Sub-20 de Venezuela

A Selección de Venezuela Sub-20 convocou ao defensa Riki Mangana, xogador do Celta B, de face ao prestixioso Torneo Internacional de Fútbol Sub-20 da Alcudia (COTIF) que se celebra a partir do 28 de xullo na provincia de Valencia. O combinado venezolano coincidirá nesta competición cos combinados nacionais Sub-20 de Rusia, Arxentina, Marrocos, Uruguai, India, … Continuación

Iago Aspas e Juan Hernández, premiados na Gala do Fútbol Galego 2018

Iago Aspas como mellor xogador do RC Celta e Juan Hernández como máximo goleador dos equipos galegos de 2ªB, serán galardoados este venres 29 de xuño na Gala do Fútbol Galego que organiza a Real Federación Galega de Fútbol e o programa Galicia en Goles de Radio Galega. A TVG retransmitirá a gala en directo … Continuación

Adrián Rodríguez e Iago Martínez desvincúlanse do RC Celta

O dianteiro Adrián Rodríguez e o defensa Iago Martínez non continuarán no filial do RC Celta tras desvincularse da entidade celeste. O club desexa trasladar a ambos os xogadores o seu máis sincero agradecemento polo seu comportamento, entrega e profesionalidade durante o tempo no que defenderon o escudo do RC Celta, así como desexarlles o … Continuación

Samu Araújo desvincúlase do RC Celta

O futbolista Samuel Araújo, quen a pasada tempada xogou no FC Barcelona B en calidade de cedido, desvincúlase do RC Celta. O club vigués desexa expresar o seu agradecemento ao canteirán pola súa dedicación e entrega durante a súa etapa como celeste e desexarlle o maior dos éxitos no futuro.

O Celta B reforza a súa defensa con Jacobo González e Manu Farrando

O RC Celta iniciou a confección do plantel do filial para a próxima tempada co obxectivo de configurar un equipo competitivo e integrado por xogadores con futuro e proxección. O Celta B incorpora a dous novos futbolistas, Jacobo González, quen asinou por dúas tempadas con outras tres opcionais e Manu Farrando, vinculado tamén por dúas … Continuación

Sotres e Dennis analizan o partido ante o Cartagena e o estado anímico do Celta B

O Celta B afronta un partido histórico este domingo en Cartagena. Tralo empate sen goles da ida, os celestes soñan con superar ao seu duro rival e meterse na última e decisiva eliminatoria da fase de ascenso a Segunda División. Dani Sotres e Dennis Eckert analizan o encontro e o estado anímico do equipo.

Convocatoria Cartagena-Celta B

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a 18 xogadores para o partido de volta da segunda eliminatoria da Fase de Ascenso a Segunda División ante o Cartagena (Cartagonova. Domingo, 18:30 horas). A lista fórmana: Sotres, Jero, Kevin, Ros, Riki, Alende, Rai, Serrano, Dani Molina, Roigé, Tià, Aarón, Pastrana, Juan Hernández, Brais Méndez, Agus, … Continuación

Presentación do Campus de verán Fundación Celta by Cabreiroá en A Estrada

Esta mañán tivo lugar no Concello de A Estrada a presentación do campus de verán da Fundación Celta by Cabreiroá na localidade. Un campus que se desenrolará do 25 ao 29 de xullo en horario matinal no campo de fútbol de A Estrada destinado a nenos e nenas de entre 4 e 16 anos e … Continuación

Celta B-Cartagena: cita coa historia este domingo ás 12.00 horas en Barreiro

O Celta B recibe ao Cartagena, campión do Grupo IV, este domingo 3 de xuño ás 12.00 horas en Barreiro nun histórico partido, o de ida da segunda eliminatoria da Fase de Ascenso a Segunda División. Os celestes superaron ao Marbella na primeira rolda tras un intenso e apaixonante partido de volta con prórroga e … Continuación