O Celta B asina o seu mellor partido e roza a vitoria ante o Castilla (1-1)

Exhibición celeste en Barreiro. O Celta B asinou o seu mellor partido da tempada ante o Real Madrid Castela, un espectacular partido ao que só lle faltou o triunfo vigués. Intensidade, actitude, dominio, orde... os de Albés adiantáronse con xustiza antes do descanso, cun gran tanto asinado por Víctor Pastrana. O conxunto madrileño conseguiu a … Continuación

Celta B – R. Madrid Castilla: convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a todos os xogadores dispoñibles para o partido da novena xornada de 2ª B, na que os celestes reciben ao filial do Real Madrid (domingo, 12:00 horas, Barreiro). A listaxe fórmana Iván Villar, Jero, Riki Mangana, Ros, Alende, Fontán, Farrando, Pampín, Alomerovic, Rai, Dani Molina, Solís, Álex … Continuación

Miguel Rodríguez viaxa con España ao clasificatorio do Europeo Sub-17

O canteirán celeste Miguel Rodríguez, xogador do Cadete A, viaxa este xoves a Macedonia coa Selección Española Sub-17 para disputar o mitorneo de clasificación ao campionato europeo da categoría. O combinado español enfróntase a partir do 20 de outubro o país anfitrión, Illas Feroe e Israel.

Un mal segundo tempo condena ao filial en casa do Atlético B (3-0)

O Celta B caeu por 3-0 na Cidade Deportiva Wanda ante o filial do Atlético de Madrid. Os de Albés asinaron un primeiros corenta e cinco minutos moi bos, nos que, con todo, non lograron marcar. Máis efectivo estivo o cadro madrileño nada máis comezar a segunda parte. Óscar adiantou aos colchoneiros no minuto corenta … Continuación

Atlético de Madrid B – Celta B: convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a todos os xogadores dispoñibles e ao xuvenil David para o partido da oitava xornada de 2ª B, na que os celestes visitan ao filial do Atlético de Madrid (domingo, 12:00 horas, Ciudad Deportiva Wanda). A listaxe fórmana Iván Villar, Jero, Ros, Alende, Fontán, Farrando, Pampín, Alomerovic, … Continuación

D.O. Celta: valores, comportamento, formación

O canteirán Miguel Rodríguez debuta nunha listaxe da Sub-17

O canteirán celeste Miguel Rodríguez, xogador do Cadete A, foi chamado pola Selección Española Sub-17 por primeira vez para disputar a primeira fase do europeo da categoría a partir do 18 de outubro. A nova promesa celeste fora convocado anteriormente pola Sub-15 e a Sub-16.

O Cadete A, subcampión da Saruga Cup de Japón

O Celta Cadete A participou o pasado fin de semana na Saruga Cup, unha competición internacional de categoría Sub-15 que se desenvolveu no Ecopa Stadium, na cidade xaponesa de Shizuoka. Os celestes arrincaron a competición perdendo pola mínima ante o Chivas de Guadalaxara (3-4), pero os triunfos ante a Selección de Shizuoka (4-0) e o … Continuación

O Celta B perde pola mínima o duelo de filiais ante Las Palmas (0-1)

Un solitario tanto da UD Las Palmas Atlético bastou aos insulares para levar o duelo de filiais ante o Celta B. O primeiro tempo transcorreu con dominio alterno e sen ocasións claras ata que, no minuto 43, Suárez marcou para os visitantes a balón parado. O gol en contra desajustó aos vigueses, que a punto … Continuación

Diego Alende: «Temos que facernos moi fortes en casa»

Celta Media entrevista al capitán del Celta B antes de medirse al filial de la UD Las Palmas (domingo, 12:00, Barreiro, rccelta.es).