O Celta B cae no campo do Navalcarnero (3-1)

O Celta B caeu derrotado ante o Navalcarnero no Estadio Mariano González. Os celestes desempeñaron un bo primeiro tempo, no que se adiantaron no marcador cun tanto de Dani Molina, pero tras o descanso os locais foron gañando terreo até tomar o control do partido. Os goles da remontada chegaron na recta final do choque, … Continuación

Navalcarnero – Celta B: convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a dezasete xogadores para o partido da duodécima xornada de 2ª B, na que os celestes visitan o campo do Navalcarnero (domingo, 16:30 horas, Mariano González). A listaxe fórmana Iván Villar, Jero, Farrando, Riki Mangana, Fontán, Alomerovic, Ros, Pampín, Rai, Pastrana, Dani Molina, Solís, Dani Vega, Iban … Continuación

O canteirán Iván Villar regresa á Selección Española Sub-21

Nunha xornada histórica, na que os canteiráns do primeiro equipo Iago Aspas e Brais Méndez foron chamados pola Selección Española absoluta, a canteira celeste acumula outra excelente noticia. Iván Villar, gardameta do Celta B e canteirán do RC Celta, regresa á Sub-21 española tras varios meses ausente. O porteiro céltico, aínda que non chegou a … Continuación

O canteirán Diego Pampín regresa á Sub-19 ante Noruega

Diego Pampín, lateral zurdo do Celta B, foi convocado pola Selección Española Sub-19 para o partido amigable que o combinado nacional disputa ante Noruega o próximo 14 de novembro en Murcia. Esta é a terceira vez que o canteirán celeste, un asiduo das categorías inferiores de 'La Roja', acode á Sub-19.

Un gol no desconto frustra a épica celeste en Barreiro (3-3)

Barreiro viviu unha espectacular revolución celeste no choque entre Celta B e Cultural Leonesa, un partido que arrincou cun tanto temperán do cadro leonés ao que os vigueses responderon con goles e calidade no segundo tempo. Nada máis regresar de vestiarios, Manu Farrando puxo as táboas. Os de Albés tiñan o control do partido, pero … Continuación

Celta B – Cultural Leonesa: convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a todos os xogadores dispoñibles para o partido da décimo primeira xornada de 2ª B, na que os celestes reciben á Cultural Leonesa (domingo, 12:00 horas, Barreiro). A lista fórmana Iván Villar, Jero, Riki Mangana, Ros, Alende, Fontán, Farrando, Pampín, Alomerovic, Jose, Sergio, Rai, Dani Molina, Solís, … Continuación

A Selección Sub-16 tínguese de celeste coa convocatoria de tres canteiráns do RC Celta

Nova xornada de alegría, satisfacción e orgullo para a canteira celeste e a Fundación Celta. Nada menos que tres xogadores das categorías inferiores do club foron convocados pola Selección Española Sub-16, na que nos últimos meses son habituais os xogadores do conxunto céltico. O porteiro Brais Rodríguez, do Xuvenil B, estréase como internacional, o centrocampista … Continuación

O Celta B regresa cun punto da súa visita ao Unionistas (1-1)

Unionistas e Celta B asinaron as táboas nas Pistas do Helmántico. Os celestes adiantáronse cun gol de Diego Pampín no minuto 34, pero ao fío do descanso os locais lograron o empate. Tras o paso por vestiarios, o Unionistas saltou máis enchufado ao terreo de xogo e rozou o segundo gol. Rubén Albés moveu as … Continuación

Unionistas – Celta B: convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a dezaoito xogadores, entre eles o dianteiro xuvenil Lauti, para o partido da décima xornada de 2ª B, na que os celestes visitan ao Unionistas de Salamanca (sábado, 17:30 horas, Las Pistas del Helmántico). A listaxe fórmana Iván Villar, Jero, Riki, Ros, Alende, Fontán, Farrando, Pampín, Alomerovic, … Continuación

O canteirán Robert Carril repite coa Selección Española Sub-15

O centrocampista celeste Robert Carril regresa á Selección Española Sub-15. O canterano foi convocado para os adestramentos oficiais que se desenvolverán na Ciudad del Fútbol de Las Rozas do 29 ao 31 do presente mes de outubro. O céltico, quen pertencen ao RC Celta Cadete A, xa fora chamado polo seleccionador da categoría para os … Continuación