Unión Adarve-Celta B: convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a 17 xogadores, entre eles os xuvenís Losada, Sergio, Jose e Barcia, para o encontro da xornada 15 de Segunda División B ante a Unión Adarve (domingo, 12:00, García de la Mata). A listaxe fórmana  Jero, Iván Villar, Alende, Fontán, Alomerovic, Ros, Manu, Barcia, Losada, Sergio, Pastrana, … Continuación

Os canteiráns César e Robert participarán no Torneo Sportchain coa Sub-15

Enorme ledicia na Fundación e no RC Celta pola convocatoria do porteiro César Fernández e o centrocampista Robert Carril coa Selección Sub-15 para o Torneo Sportchain AGS CUP U-15 que se celebrará en La Marina Baixa (Alicante), do 2 ao 9 de decembro. Ambos canteiráns, que acumulan dúas chamadas co combinado nacional, estiveron concentrados na Cidade do … Continuación

A madeira evita a reacción celeste ante o Internacional (2-0)

O Celta B caeu derrotado este domingo no campo do Internacional de Madrid (2-0) nun choque intenso de principio a fin e no que os celestes tiveron ocasións para, polo menos, puntuar ante o conxunto madrileño. Os de Albés atopáronse coa madeira até dúas veces, mentres que o rival estivo máis acertado e terminou levándose … Continuación

Internacional – Celta B: convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou aos xogadores dispoñibles para o partido da decimocuarta xornada de 2ªB, na que os celestes visitan ao Internacional de Madrid no Polideportivo Municipal de Boadilla (domingo, 12:00). A listaxe fórmana Jero, Iván Villar, Farrando, Alende, Fontán, Alomerovic, Ros, Sergio, Rai, Pastrana, Dani Molina, Álex Serrano, Solís, Dani … Continuación

Xapón empápase do modelo de xogo do RC Celta

O método deo RC Celta no traballo da súa canteira traspasa fronteiras e chega de novo ata Xapón. O coordinador das categorías inferiores do clube, Álex Otero, e o responsable da metodoloxía do RC Celta, Eduardo Covelo, están esta semana no país asiático impartindo charlas e dirixindo adestramentos co JEF United, equipo da segunda división xaponesa co … Continuación

Os canteiráns César e Robert, convocados de novo coa Sub-15

Enorme ledicia na Fundación e no RC Celta pola segunda convocatoria do porteiro César Fernández e do centrocampista Robert Carril coa Selección Sub-15 para os adestramentos oficiais que se celebrarán do 26 ao 28 de novembro na Ciudad del Fútbol de Las Rozas. A chamada do combinado nacional recompensa o esforzo e o traballo que Fundación … Continuación

O adestrador Miguel Cardoso asistiu ao partido do Celta B en Barreiro

O novo adestrador celeste, que na súa primeira semana xa contou con algúns xogadores de categorías inferiores nos seus adestramentos, demostrou unha vez máis a súa inquietude por coñecer a canteira celeste. Miguel Cardoso e o seu corpo técnico asistiron este domingo ao Campo de Barreiro para presenciar o partido do filial céltico ante o … Continuación

O Xogador Definitivo de Diego Alende

Reparto de puntos no duelo de filiais ante o Valladolid (0-0)

Celta B e Valladolid B asinaron un insulso empate sen goles en Barreiro. O partido estivo marcado pola falta de precisión de ambas as escuadras, cada unha con varias ocasións para estrear o marcador. Os celestes tiveron a súa mellor oportunidade nas botas de Iban Salvador, nun man a man que terminou co balón golpeando … Continuación

Celta B – Valladolid B: convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou aos xogadores dispoñibles para o partido da decimoterceira xornada de 2ªB, na que os celestes reciben ao Valladolid B en Barreiro (domingo, 12:00). A listaxe fórmana Jero, Fran Vieites, Farrando, Riki Mangana, Alende, Fontán, Alomerovic, Ros, Pampín, Rai, Pastrana, Dani Molina, Álex Serrano, Solís, Dani Vega, Iban … Continuación