O RC Celta B reforza o seu ataque con Adrián Mancebo

O RC Celta B reforza o seu ataque coa chegada de Adrián Mancebo. O extremo madrileño chega cedido ata final de tempada con opción de compra desde a Cultura e Deportiva Leonesa. Mancebo (Madrid, 21/03/1996) é un extremo zurdo que tamén pode actuar de centrocampista ofensivo e que se formou nas canteiras do Real Madrid … Continuación

O prometedor dianteiro Salomón Obama únese á canteira celeste

O prometedor atacante Salomón Obama, de 18 anos de idade, únese ás categorías inferiores do RC Celta procedente do Atlético de Madrid. O dianteiro asina co conxunto celeste para as próximas catro tempadas e media e dada a súa xuventude estará dispoñible tanto para o Celta B como para o Xuvenil de División de Honor. … Continuación

Dennis Eckert, cedido ao SBV Excelsior da Eredivisie

Dennís Eckert xogará cedido ata final de tempada no SBV Excelsior tras o acordo alcanzado entre o RC Celta e o conxunto holandés. O RC Celta desexa a Eckert toda a fortuna e o maior dos éxitos durante a súa etapa no equipo da Eredivisie.

Iker Losada, convocado coa Sub-18 para a Copa do Atlántico

Gran alegría e satisfacción no RC Celta e a Fundación pola convocatoria do canteirán Iker Losada coa Selección Española Sub-18 para disputar a XLV Copa do Atlántico. O prestixioso torneo internacional disputarase do 4 ao 9 de febreiro en Las Palmas de Gran Canaria. Losada súmase desta maneira a David Vilán e Miguel Rodríguez, que este … Continuación

O RC Celta B consegue un meritorio empate ante a UD Sanse (1-1)

O RC Celta B conseguiu este domingo un meritorio empate a domicilio ante a UD Sanse (1-1). O equipo dirixido por Rubén Albés adiantouse no marcador tras un saque de esquina no minuto 14 e os locais empataron o encontro no tramo final. FICHA TÉCNICA 1 - UD Sanse: Irureta; Rubén Valverde (Galindo, min.77), Zazo, … Continuación

UD Sanse – RC Celta B: convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou a 17 xogadores dispoñibles, entre eles o xuvenil Losada, para o partido da xornada 22 de Segunda División B ante a UD Sanse (domingo, 12:00, Estadio Municipal Matapiñonera). A listaxe fórmana Fran, Iván Villar, Pablo, Alende, Manu Farrando, Pampín, Robert Costa, Ros, Pastrana, Losada, Rai, Dani Molina … Continuación

Os canteiráns César e Robert participarán no Torneo Pinatar Area coa Sub-15

Profunda ledicia no RC Celta e a Fundación pola convocatoria do porteiro César Fernández e o centrocampista Robert Carril coa Selección Española Sub-15 para o prestixioso Torneo Pinatar Area que se disputará en San Pedro del Pinatar (Murcia), do 29 de xaneiro ao 4 de febreiro. Ambos futbolistas, que pertencen ao RC Celta Cadete A, xa … Continuación

O RC Celta B lévase o derbi cun gran xogo coral (2-0)

O RC Celta B conseguiu imporse en Barreiro ao RC Deportivo Fabril grazas ao dobrete dun inspirado Alberto Solís. O equipo celeste dominou o encontro desde o primeiro minuto e dispuxo das mellores ocasións. Foi na segunda metade cando logrou derrubar o muro visitante grazas a un sensacional disparo de Solís desde fóra da área. … Continuación

RC Celta B – RC Deportivo Fabril: convocatoria

O adestrador do Celta B, Rubén Albés, convocou todos os xogadores dispoñibles para o partido da xornada 21 de Segunda División B ante o RC Deportivo Fabril (domingo, 16:00, Barreiro). A lista fórmana Fran, Iván Villar, Pablo, Alende, Manu Farrando, Pampín, Jacobo, Robert Costa, Ros, Pastrana, Rai, Dani Molina, Ibán Salvador, Solís, Dani Vega, Bermejo … Continuación

O RC Celta B incorpora ao porteiro Pablo Vázquez ata final de tempada

O RC Celta B incorpora ata final de tempada ao gardameta Pablo Vázquez, que esta campaña militou no filial do Cádiz CF e no CD Cabecense. O porteiro, de 20 anos de idade, regresa ao club celeste tras xogar no Xuvenil División de Honra na tempada 2016/2017.