RC Celta B cae co Pontevedra no tramo final (1-2)

RC Celta B caeu ante o Pontevedra (1-2) nun vibrante partido que se decantou para os visitantes no tramo final. Na primeira metade Apeh adiantou aos celestes e no segundo tempo foron Santi e Rivera os que lle deron a volta ao marcador. O gardameta Fran Vieites detivo varias acometidas granates con paradas espectaculares. FICHA … Continuación

RC Celta B – Pontevedra: convocatoria

O adestrador do RC Celta B, Jacobo Montes, convocou a todos os xogadores dispoñibles para o partido da xornada 10 de Segunda División B ante o Pontevedra (sábado, 16.30, Barreiro). Álvaro Fernández é baixa por lesión.

Programación de partidos de A Canteira

[document url=”https://www.rccelta.es/wp-content/uploads/2019/10/partidos-canteira-251019.pdf” width=”1200″]

A canteira do RC Celta sitúase entre as mellores de Europa

O RC Celta e a súa Fundación manteñen desde hai anos un ambicioso proxecto de canteira que esta tempada se está vendo especialmente reflectido no primeiro equipo, onde están presentes até once xogadores formados na Madroa. Tamén no filial hai un elevado número de xogadores forxados nas categorías inferiores do conxunto celeste. O Centro Internacional … Continuación

Resultados de partidos de A Canteira

[document url=”https://www.rccelta.es/wp-content/uploads/2019/10/partidos-canteira-221019.pdf” width=”1200″]

O RC Celta B exhibe pegada ante o Sanse (0-3)

O RC Celta B impúxose con contundencia á UD Sanse (0-3) nun partido que estivo marcado pola efectividade dos xogadores celestes. Bermejo e Jacobo por partida dobre foron os encargados de anotar os tantos do filial, que con esta vitoria escala posicións na clasificación. FICHA TÉCNICA 0 - UD Sanse: Irureta, Rubén, Gassama, Bijimine, Felipe, … Continuación

Robert Deziel, convocado coa Sub-15 de USA

O xogador do Cadete B Robert Deziel foi convocado coa Selección USA Sub-15 para o Torneo de Desenvolvemento da UEFA que se disputará en Polonia a próxima semana. O canteirán celeste enfrontarase co seu combinado nacional a Islandia, Polonia e Rusia. A súa citación pon en valor o traballo que Fundación e RC Celta realizan … Continuación

Sanse – RC Celta B: convocatoria

O adestrador do Celta B, Jacobo Montes, convocou a dezaoito xogadores para o partido da xornada 9 de Segunda División B ante o Sanse (domingo, 12.00, Estadio Municipal José Luís da Fouce - Matapiñonera). A lista fórmana: Fran Vieites, Iago, Sergio Carreira, Ros, Farrando, Fontán, Cisse, Manny, Dani Molina, Moha, Solis, David Álvarez, Bermejo, Dani Vega, … Continuación

Programación de partidos de A Canteira

[document url=”https://www.rccelta.es/wp-content/uploads/2019/10/partidos-canteira-181019.pdf” width=”1200″]

Álvaro Fernández sofre unha rotura no ligamento cruzado anterior da súa perna esquerda

Malas novas para o RC Celta B. As probas médicas ás que foi sometido o porteiro Álvaro Fernández confirmaron que sofre unha rotura no ligamento cruzado anterior da súa perna esquerda tras un mal xesto durante o último partido de liga. O RC Celta quere transmitirlle todo o seu agarimo e desexarlle unha pronta recuperación.