A Fundación Celta colabora doando material deportivo ao ‘Uniraid 2020’

A pasada semana celebrouse a décima edición do 'Uniraid', un rally solidario de nove días polo deserto de Marrocos cuxo obxectivo é entregar un mínimo de 40 kg de material solidario nas aldeas do deserto que atopen ao seu paso ao longo de todo o percorrido. Unha das peculiaridades desta aventura en facer o itinerario … Continuación

‘Eurorrexión Celeste’ recibe a visita do Concello de Ponte Caldelas

Cincuenta e sete integrantes do SD Ponte Caldelas visitaron este domingo o estadio de Abanca Balaídos e asistiron ao partido ante o Sevilla FC dentro do programa ' Eurorrexión Celeste'. Representando ao Concello acudiu D. Andrés Díaz Sobral, alcalde da localidade, e Dna. Isabel Pregal Avión en representación do SDC Ponte Caldelas. A expedición visitou … Continuación

As fundacións RC Celta e Alcántara impulsan a educación en valores e hábitos saudables entre os máis pequenos

A Alcantara Family Foundation e a Fundación R.C. Celta presentaron este mércores no Colexio Ramón e Cajal de Vigo o proxecto 'Alcantara Team', unha iniciativa destinada aos escolares do centro educativo na que se desenvolverán e implementarán valores relacionados co mundo do deporte. Ademais, tamén se incidirá en inculcarlles unhas pautas de vida alimentación sas … Continuación

Eurorrexión celeste recibe a visita do CEIP Tirán de Moaña

Cincuenta e sete integrantes do CEIP Tirán de Moaña visitaron este domingo o estadio de Abanca Balaídos e asistiron ao partido ante a SD Eibar dentro do programa ' Eurorrexión Celeste'. Representando Centro acudiu Dª Xela Cuñado Otero, mestra, e D. Ignacio Javier Sousa Fandiño en representación dos pais. A expedición visitou o Museo do … Continuación

Gabri Veiga xogará a Copa do Atlántico coa Selección Española Sub-18

Profunda alegría e satisfacción no RC Celta e a Fundación pola convocatoria de Gabri Veiga coa Selección Española Sub-18 para disputar a prestixiosa Copa do Atlántico. O xogador celeste concentrarase en Las Palmas de Gran Canaria entre o 27 de xaneiro e o 1 de febreiro para medirse a Eslovaquia, Xapón e México. Gabri Veiga … Continuación

Os técnicos do Celta Integra amplían a súa formación da man de Fundación LaLiga e UAM

Álex Abalde e Juan Diego Fernández, dous dos técnicos do equipo Fundación Celta Integra, cursarán durante o primeiro semestre de 2020 o Curso de Formación Especializada en Fútbol e Discapacidade Intelectual, unha acción formativa que foi organizada e desenvolvida de maneira conxunta pola Fundación LaLiga e a Universidade Autónoma de Madrid (UAM). Un grupo de … Continuación

Miguel Rodríguez e David Vilán, convocados de novo coa Selección Española Sub-17

O RC Celta e a súa Fundación están de parabéns. Os xuvenís Miguel Rodríguez e David Vilán foron convocados polo seleccionador David Gordo para o encontro que a Selección Española Sub-17 disputará o próximo 15 de xaneiro no estadio Tre Fonante de Roma ante Italia. Esta nova chamada recoñece o traballo que desde a Fundación … Continuación

Os nenos das Escolas Fundación Celta doan alimentos para os máis necesitados

Os nenos e nenas inscritos nas Escolas Fundación Celta demostraron esta semana a súa enorme bondade. Todos eles doaron alimentos para os máis necesitados nunhas datas moi sinaladas. Así, da man da asociación A Man que Axuda, estes víveres chegarán a aquelas familias máis vulnerables. A recollida de alimentos produciuse nas sedes de Coia e … Continuación

Xa temos os gañadores do concurso de postais de Nadal 2019!

Os gañadores do Concurso de Postais de Nadal Fundación Celta – O Corte Inglés recibirán ou próximo luns 23 de decembro ás 18:00 h no restaurante da 7ª planta do Corte Inglés, os seus premios consistentes en trofeo o cheque regalo do Corte Inglés e un lote de agasallos da Fundación Celta para o gañador … Continuación

Rafinha e Pione Sisto asinarán autógrafos este martes no espazo solidario da Fundación no Tinglado

Este martes o espazo solidario de Nadal que a Fundación RC Celta ten no Tinglado do Porto (Estrada Porto 3, Vigo) contará coa presenza de dous xogadores do primeiro plantel. Rafinha e Pione Sisto estarán este martes 17 de decembro de 18.00 a 19.00 horas asinando autógrafos e fotografándose con todos os afeccionados celestes que … Continuación