Eurorrexión Celeste recibe a visita do equipo feminino Club Sporting San Mateo de Ponteareas ante o RC Celta vs Deportivo Alavés

Cincuenta e sete integrantes do equipo feminino do Club Sporting S. Mateo do Concello de Ponteareas visitaron este xoves o estadio de Abanca Balaídos e asistiron ao partido ante o Deportivo Alavés dentro do programa ‘Eurorrexión Celeste‘.   Representando ao grupo acudiu o concelleiro de deportes da localidade D. Francisco Jesús Represas Cabrera e representando … Continuación

Os celtistas tinguiron de celeste as rúas de Vigo na VII Invasión Celeste by Profand

Este domingo 24 de setembro celebrouse a VII edición da Invasión Celeste by Profand, a carreira popular que cada ano organiza a Fundación Celta con fins benéficos; pois parte da recadación foi destinada polos corredores e Profand a Bicos de Papel, a asociación de axuda a nenos ingresados en oncoloxía do do Hospital Álvaro Cunqueiro. … Continuación

O RC Celta explica o seu método de traballo coa Canteira en Colombia

  Desde finais de agosto ata principios de setembro, o RC Celta e a súa Canteira estivo presente en tres universidades colombianas mostrando o proxecto de canteira do club e levando a cabo distintos seminarios nas súas aulas, Eduardo Covelo estivo como responsable da canteira presente na Universidade do Cauca (Popayán, 30-31 de agosto), na … Continuación

Últimos días para aproveitar o desconto na inscrición da VII Invasión Celeste by Profand

Como cada ano, a Fundación Celta organiza a súa esperada carreira popular Invasión Celeste by Profand, que celebrará a súa sétima edición o próximo 24 de setembro. A liña de saída desta emocionante carreira será na Sede do RC Celta, en pleno centro da cidade olívica, e o percorrido estenderase ata terminar no Estadio Abanca … Continuación

Xa á venda a lotería de Nadal da Fundación Celta 2023!

Xa está aquí a lotería de Nadal da Fundación Celta! O sinalado 23823 é o número da ilusión, e coincide coa data da fundación do RC Celta. Cada boleto outorgará dereito a participar deste número no sorteo da Lotería Nacional que se celebra o día 22 de decembro de 2023. Poderás adquirir #ONosoNúmero en: · Tenda … Continuación

Finaliza a terceira edición do Campus Celta Academy CD Becerril 2023

A Fundación Celta levou os seus campus a Gran Canaria por terceiro verán consecutivo grazas á súa colaboración co CD Becerril. Un campus destinado a mozos e mozas, de idades comprendidas entre os 5 e os 17 anos, de dúas semanas de duración e que levouse a cabo nas instalacións do Octavio Estévez de Santa … Continuación

Aberto o prazo de inscrición para a VII Invasión Celeste by Profand

Aberto o prazo para a VII invasión Celeste by Profand A Fundación Celta comprácese en anunciar a apertura do prazo de inscricións para a esperada carreira popular Invasión Celeste by Profand. A sétima edición deste emocionante evento terá lugar o próximo 24 de setembro no estadio ABANCA Balaídos. En consonancia co espírito e valores da … Continuación

En marcha as Escolas Fundación Celta 2023/24

  ESCOLAS DE FÚTBOL FUNDACIÓN CELTA PARA TODOS! Desde a Fundación Celta, a través das escolas de fútbol, ofrecemos a oportunidade de que calquera neno/a poida realizar actividade de fútbol seguindo a metodoloxía de adestramento do RCCelta, sexan cales sexan as súas necesidades. Outra forma de sentirse celtista a través da práctica do deporte rei. … Continuación

En marcha a quinta semana dos Campus de verán Fundación Celta by Cabreiroá 2023

O pasado sábado finalizou a cuarta semana dos Campus de verán Fundación Celta by Cabreiroá 2023, con sedes na Cidade Deportiva da Madroa, Campo Federativo de Coia, Marcon e Ares. Na sede da Madroa foi ademais a primeira edición do campus de perfeccionamento de futbol 11 onde xogadores infantís, cadetes e xuvenís recibiron unhas clases … Continuación

A Fundación Celta e Canadian Academy of Fútbol unen forzas para levar a metodoloxía RC Celta a Canadá

A Fundación Celta e Canadian Academy of Fútbol acaban de formalizar un acordo formalizado polo seu presidente Ram Mustafa. Este convenio ten como obxectivo principal a organización e execución de programas de fútbol en todo o país, incluíndo campus, clínics e formacións. Esta alianza entre ambas as institucións permitirá aos xogadores canadenses ter acceso a … Continuación