Momento inesquecible para Lautaro de León: debut en Primeira División e vitoria do RC Celta

O partido de onte ante o Cádiz tivo un momento inesquecible para a canteira do RC Celta. O dianteiro Lautaro de León debutou en Primeira División tras substituír a Nolito a falta dun cuarto de hora do final. O canteirán celeste deixou detalles da súa calidade e a súa entrega nos minutos que estivo sobre … Continuación

Santi Mina, pendente dunha resonancia, sofre un traumatismo cunha escordadura acromioclavicular

O xefe dos servizos médicos do RC Celta, Juan José García Cota, explicou esta tarde que o dianteiro celeste Santi Mina sufriu no partido de onte ante o Cádiz un traumatismo no ombreiro esquerdo cunha escordadura acromioclavicular, unha “lesión moi dolorosa”. Indicou que a radiografía realizada “aparece limpa e non se aprecia nada”, pero precisou … Continuación

O RC Celta suma o seu terceiro triunfo consecutivo cunha exhibición (4-0)

Vitoria contundente do RC Celta ante o Cádiz (4-0) no que é o terceiro triunfo consecutivo do equipo de Eduardo Coudet. O partido non puido empezar de mellor maneira para o equipo celeste, que se adiantou en  o marcador moi pronto tras unha xenial xogada entre Aspas e Nolito que transformou o andaluz. O equipo … Continuación

O RC Celta busca ante o Cádiz a súa terceira vitoria consecutiva

O RC Celta buscará este luns ante o Cádiz a súa terceira vitoria consecutiva en LaLiga. O equipo adestrado por Eduardo Coudet medirase a unha das revelacións do campionato co obxectivo de escalar postos na clasificación.

RC Celta – Cádiz: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Eduardo Coudet, convocou a 22 xogadores para o partido da décimo terceira xornada de LaLiga na que o RC Celta recibe ao Cádiz (luns, 21:00, Abanca Balaídos). A lista completa fórmana: Iván Villar, Hugo Mallo, David Costas, Araújo, Okay, Denis Suárez, Fran Beltrán, Nolito, Iago Aspas, Rubén Blanco, Renato Tapia, … Continuación

Hugo Mallo entra no mellor XI da xornada de LaLiga Fantasy

A brillante actuación de Hugo Mallo ante o Athletic Club, clave na vitoria do RC Celta en San Mamés, segue recibindo eloxios. O capitán celeste forma parte do mellor XI da xornada de LaLiga Fantasy tras anotar o primeiro gol do partido e manter a súa portaría a cero. Hugo únese desta maneira a Iago … Continuación

O RC Celta, equipo máis anotador de LaLiga nas últimas tres xornadas

O RC Celta exhibiu o seu poder ofensivo nas últimas xornadas de LaLiga. No últimos tres partidos, con Eduardo Coudet no banco, o equipo celeste anotou 7 goles, máis que ningún outro conxunto do campionato. Iago Aspas (2), Nolito (2), Beltrán, Baeza e Hugo Mallo foron os goleadores nos encontros disputados ante Sevilla. Selecta e … Continuación

David Juncà, operado de maneira satisfactoria do seu ombreiro dereito

O defensor do RC Celta, David Juncà, foi operado de maneira satisfactoria este luns da súa lesión no ombreiro dereito e permanecerá de baixa ao redor de 3 meses. A intervención cirúrxica foi realizada polo doutor Carpinteiro coa axuda de Juan José García Cota, xefe dos servizos médicos do club. O xogador iniciará de inmediato … Continuación

Os xogadores do RC Celta reciben as súas plantillas personalizadas de Podoactiva

Os xogadores do RC Celta recibiron este luns na Cidade Deportiva Afouteza as súas plantillas personalizadas da man de Podoactiva, que revolucionou o coidado do pé e a biotecnoloxía con técnicas exclusivas e patentadas coas que traballan máis de 4.500 deportistas de elite. Os futbolistas sometéronse recentemente a estudos biomecánicos da pisada e desde hoxe … Continuación

David Juncà será operado este luns da súa lesión no ombreiro

Trala Resonancia Magnética realizada ao lateral zurdo do RC Celta David Juncà, os servizos médicos do club constataron a necesidade de someter ao xogador a unha intervención quirúrxica para solventar a súa lesión no ombreiro dereito. O futbolista será operado este luns no Hospital Fremap de Vigo. O club envíalle unha mensaxe de ánimo e … Continuación