O RC Celta viaxa a Getafe en busca da súa quinta vitoria consecutiva

O RC Celta mídese este mércores ao Getafe a domicilio en busca do seu quinto triunfo consecutivo que lle permita achegarse aos postos europeos.

O RC Celta continúa imparable e suma a súa cuarta vitoria consecutiva (2-0)

Impresionante refacho do RC Celta tras superar ao Alavés (2-0) e sumar a súa cuarta vitoria consecutiva en LaLiga. Os de Eduardo Coudet asinaron unha gran primeira metade e sentenciaron o encontro cun dobrete de Brais Méndez. Nos primeiros 45 minutos os xogadores celestes dominaron de principio a fin e sumaron numerosas ocasións. O gol … Continuación

O RC Celta busca a súa cuarta vitoria consecutiva en LaLiga ante o Alavés

O RC Celta medirase este domingo ante o Alavés en busca da súa cuarta vitoria consecutiva en LaLiga. Os de Eduardo Coudet son un dos equipos máis en forma do campionato e queren seguir escalando postos na clasificación.

Santi Mina permanecerá de baixa entre 10 e 15 días tras confirmarse a súa lesión

A resonancia magnética á que foi sometido Santi Mina confirmou o diagnóstico inicial dos servizos médicos do club. O xogador celeste sofre un traumatismo no ombreiro esquerdo cunha escordadura acromioclavicular e permanecerá de baixa entre 10 e 15 días a contar dende o momento da lesión.

RC Celta – Alavés: convocatoria

  O adestrador do primeiro equipo, Eduardo Coudet, convocou a 22 xogadores para o partido da décimo cuarta xornada de LaLiga na que o RC Celta recibe ao Alavés (domingo, 14:00, Abanca Balaídos). A lista completa fórmana: Iván Villar, Hugo Mallo, Araújo, Okay, Denis Suárez, Fran Beltrán, Nolito, Iago Aspas, Emre Mor, Rubén Blanco, Renato … Continuación

O RC Celta xogará co Ibiza na segunda rolda da Copa de SM o Rei

A RFEF deu a coñecer os emparellamentos da segunda rolda da Copa de SM o Rei, que se disputarán a primeira semana de xaneiro. O RC Celta quedou emparellado co Ibiza, de Segunda División B. O encontro disputarase no Estadi Municipal de Can Misses e será retransmitido por Dazn.

Un sólido RC Celta pasa de rolda na Copa de SM o Rei (0-5)

O RC Celta clasificouse para a seguinte rolda da Copa de SM o Rei tras superar ao conxunto asturiano da UD Llanera (0-2). Eduardo Coudet introduciu numerosos cambios na aliñación e deu entrada a tres xogadores do filial. Desde o comezo do encontro o conxunto celeste fíxose co control do xogo e acumulou gran parte … Continuación

Iago Aspas recolle o premio Xogador Estrella Galicia do mes de novembro

Iago Aspas recolleu na Cidade Deportiva Afouteza o premio Xogador Estrella Galicia que o acredita como o mellor futbolista celeste do mes de novembro. O canteirán de Moaña obtivo o 50% dos votos por diante de Nolito e Santi Mina, cun 25% cada un. O ’10’ do RC Celta quixo agradecer os votos recibidos por … Continuación

UD Llanera – RC Celta: debut celeste en Copa de SM o Rei

O adestrador do primeiro equipo, Eduardo Coudet, convocou a 21 xogadores para o partido da primeira rolda da Copa do Rei na que o RC Celta xoga contra a UD Llanera (xoves, 21:00, Carlos Tarteiere). A listaxe completa fórmana: Iván Villar, Hugo Mallo, Araújo, Okay, Denis Suárez, Beltrán, Nolito, Iago Aspas, Emre Mor, Rubén Blanco, … Continuación

Iago Aspas, máximo goleador de LaLiga e MVP da xornada

Iago Aspas non coñece límites. Poucos xogadores no panorama futbolístico mundial alcanzan o nivel mostrado polo canteirán celeste nas últimas semanas. O dianteiro de Moaña xa é o máximo goleador de LaLiga e un dos máximos asistentes do campionato doméstico. Ademais, a súa exhibición ante o Cádiz serviulle para ser o MVP da xornada nun … Continuación