Completa analítica ao plantel celeste de cara á segunda volta da tempada

O plantel do RC Celta someteuse esta mañá na Cidade Deportiva Afouteza á habitual analítica, realizada polo Laboratorio Valenzuela, de cara á segunda volta da tempada. Os resultados deste control permitirán aos servizos médicos do club evaluar o estado físico dos xogadores para afrontar do mellor xeito posible a segunda parte da tempada. As probas … Continuación

O lateral Kevin Vázquez recibe a alta médica

A semana comeza cunha gran noticia para o RC Celta. O lateral celeste Kevin Vázquez superou a lesión que sufriu fai uns meses, unha rotura fibrilar no xemelgo interno da súa perna esquerda, e recibiu a alta médica. Kevin estará xa que logo dispoñible para o partido do mércores da semana próxima ante o Betis … Continuación

Derrota contundente ante o Villarreal (0-4)

Dura derrota do RC Celta ante o Vilarreal en Abanca Balaídos (0-4). Os visitantes aproveitaron os fallos defensivos celestes na primeira media hora e sentenciaron pronto o encontro. A primeira metade non puido comezar peor. Ao vinte minutos o equipo de Castelló xa vencía por 0-3 tras transformar todas as ocasións xeradas. Pouco despois chegaría … Continuación

Convocatoria RC Celta – Villarreal CF

O adestrador do RC Celta, Eduardo Coudet, convocou a 22 xogadores para o partido da décimo oitava xornada de LaLiga na que o RC Celta recibe ao Villarreal (venres, 21.00, Abanca Balaídos). A listaxe completa fórmana: Iván Villar, Hugo Mallo, Araújo, Okay, Denis Suárez, Fran Beltrán, Nolito, Emre Mor, Rubén Blanco, Olaza, Aidoo, Aarón Martín, … Continuación

Dura eliminación de Copa do Rei en Ibiza (5-2)

O RC Celta caeu eliminado na segunda rolda da Copa do Rei 2020/21 ante unha UD Ibiza moi sólida. Os locais, cómodos no céspede artificial, encarrilaron o partido enseguida, na primeira media hora de partido, con dous tantos de Sergio Castel e un de Javi Pérez. O conxunto ibicenco dominou o xogo ante un Celta … Continuación

Convocatoria UD Ibiza – RC Celta

O adestrador do RC Celta, Eduardo Coudet, convocou a 21 xogadores para o partido da segunda rolda da Copa do Rei no que o RC Celta xoga contra a UD Ibiza (martes, 17:00, Estadi Municipal de Can Misses). A listaxe completa fórmana: Iván Villar, Araújo, Okay, Aarón, Denis Suárez, Beltrán, Emre Mor, Rubén Blanco, Tapia, … Continuación

Determinado o alcance das lesións de Iago Aspas e Nolito

Os servizos médicos do RC Celta realizaron esta tarde a Iago Aspas e Nolito senllas ecografías para determinar o alcance das lesións musculares que sufriron no partido do pasado sábado ante o Real Madrid. No caso de Iago Aspas, a proba desvela a existencia dunha rotura fibrilar distal no bíceps femoral da súa perna dereita, … Continuación

Iago Aspas e Nolito sofren lesións musculares

Malas noticias para o RC Celta. Iago Aspas tívose que retirar lesionado ao comezo da segunda metade do encontro ante o Real Madrid. O canteirán celeste sofre unha probable rotura fibrilar nos isquiotibiais da súa perna dereita. Pola súa banda, Nolito tamén sofre unha lesión muscular producida no encontro de hoxe. Ambos serán sometidos a … Continuación

O RC Celta cae ante a pegada do Real Madrid (2-0)

O RC Celta perdeu ante o Real Madrid (2-0) no que é a primeira derrota do conxunto de Eduardo Coudet en mes e medio. Os vigueses plantaron cara pero sucumbiron ante a pegada do club madrileño. A primeira metade comezou cunha gran ocasión de Iago Aspas que sacou a defensa branca case baixo paus. Na … Continuación

Real Madrid – RC Celta: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Eduardo Coudet, convocou a 22 xogadores para o partido da decimoséptima xornada de LaLiga na que o RC Celta visita ao Real Madrid (sábado, 21.00, Valdebebas). A lista completa fórmana: Iván Villar, Hugo Mallo, Araújo, Okay, Denis Suárez, Fran Beltrán, Nolito, Iago Aspas, Rubén Blanco, Renato Tapia, Olaza, Aidoo, Santi … Continuación