Reencontro no RC Celta con aroma a campión: Augusto Solari reforza o costado dereito celeste

Chega ao RC Celta un xogador de apelido insigne, nome significativo para o celtismo e autor de páxinas inesquecibles na historia do seu club. Augusto Solari, autor do gol que lle deu o seu último título da Superliga arxentina a Racing Club de Avellaneda ás ordes de Eduardo Coudet, firma polo club celeste por dúas … Continuación

RC Celta – SD Eibar: convocatoria

O adestrador do RC Celta, Eduardo Coudet, convocou a 22 xogadores para o partido da vixésima xornada de LaLiga na que o RC Celta recibe á SD Eibar (domingo, 18.30, Abanca Balaídos). A lista completa fórmana: Iván Villar, Hugo Mallo, Araújo, Okay, Fran Beltrán, Nolito, Iago Aspas, Emre Mor, Rubén Blanco, Renato Tapia, Olaza, Aidoo, … Continuación

Jeison Murillo recibe a alta médica e estará dispoñible ante a SD Eibar

Boas noticias na enfermaría celeste. Jeison Murillo completou con normalidade o adestramento deste sábado na Cidade Deportiva Afouteza e estará a disposición de Eduardo Coudet para o partido de mañá ante a SD Eibar.

O RC Celta comeza a segunda volta ante a SD Eibar

Jeison Murillo sofre unha contractura no isquiotibial da súa perna dereita

Jeison Murillo tívose que retirar lesionado do partido ante o Betis tras sufrir unha picada muscular. O defensa colombiano sofre unha contractura no isquiotibial da súa perna dereita. A súa evolución marcará o tempo de baixa

Santi Mina cumpre 100 partidos co RC Celta en Primeira División

O dianteiro vigués Santi Mina cumpriu este mércores ante o Real Betis 100 partidos co RC Celta en Primeira División, anotando ademais o primeiro gol do encontro. O canteirán faise centenario tras defender a camiseta celeste en dúas etapas, nas que conseguiu anotar 17 goles e repartir 9 asistencias.

A pegada do Betis pode co RC Celta (2-1)

O RC Celta perdeu ante o Betis (2-1) no último partido da primeira volta. Santi Mina adiantou aos nosos tras un saque de esquina e Canales deulle a volta ao marcador. O partido comezou con dominio celeste, que acumulou ocasións nos pés de Santi Mina, Nolito e Emre Mor. A insistencia trouxo premio e Santi … Continuación

Real Betis – RC Celta: convocatoria.

O adestrador do RC Celta, Eduardo Coudet, convocou a 22 xogadores para o partido da decimonovena xornada de LaLiga na que o RC Celta visita ao Real Betis (mércores, 21.00, Benito Villamarín). A lista completa fórmana: Iván Villar, Hugo Mallo, Araújo, Okay, Denis Suárez, Fran Beltrán, Nolito, Emre Mor, Rubén Blanco, Renato Tapia, Olaza, Aidoo, … Continuación

Iago Aspas, Premio Estrella Galicia ao mellor xogador de decembro

Iago Aspas recolleu nas instalacións deportivas da Cidade Deportiva Afouteza o Premio Estrella Galicia ao mellor xogador do mes de decembro. O dianteiro de Moaña obtivo o 45% dos votos, superando a Brais Méndez (30%) e Rubén Blanco (25%). O canteirán celeste, que repite o galardón obtido o pasado mes de novembro, respondeu as preguntas … Continuación

O RC Celta visitará ao Betis coa intención de achegarse aos postos de honra

O RC Celta enfrontarase o vindeiro mércores ao Real Betis no último partido da primeira volta de LaLiga. O equipo de Eduardo Coudet, oitavo na clasificación, xogará contra un equipo co que está empatado a puntos en busca de achegarse aos postos de honra.