O lateral David Juncà supera a súa lesión e recibe a alta médica

Boas noticias no parte médico do RC Celta. O lateral esquerdo David Juncà recibiu esta tarde a alta, polo que estará xa dispoñible para o partido do domingo ante o Huesca. O defensor celeste sufriu durante o pasado mes de novembro nun adestramento unha luxación recidivante do ombreiro dereito, dolencia que por fin superou por … Continuación

Néstor Araújo sofre unha elongación no bíceps femoral da súa perna dereita

As probas médicas ás que foi sometido Néstor Araújo desvelaron que o defensor mexicano sofre unha elongación na porción longa do bíceps femoral longo da súa perna dereita. O xogador celeste xa iniciou o tratamento de fisioterapia e ximnasio e a súa evolución marcará o seu regreso aos adestramentos.

Jeison Murillo entra no XI ideal da xornada de LaLiga Fantasy

O sensacional cabezazo de Jeison Murillo que terminou en gol no desconto do partido ante o Valladolid ten premio. O defensor colombiano forma pare do XI ideal da xornada de LaLiga Fantasy tras conseguir o empate para o equipo celeste.  

O RC Celta, 7º clasificado desde que o Chacho Coudet senta no banco

A chegada de Eduardo Coudet deulle un sopro de aire fresco ao RC Celta. O adestrador arxentino cumpriu este domingo ante o Real Valladolid 15 partidos no banco celeste (hai que lembrar que no seu primeiro encontro tivo que sentar na bancada por problemas burocráticos) nos que sumou seis vitorias, cinco empates e catro derrotas. … Continuación

Néstor Araújo sufriu unha lesión muscular durante o partido ante o Real Valladolid

Néstor Araújo viuse obrigado a abandonar o céspede de Abanca Balaídos no minuto 66 do partido de LaLiga ante o Real Valladolid debido a molestias musculares. O central mexicano sofre unha lesión proximal dos músculos isquiotibiais dereitos e nos próximos días realizaranse probas complementarias para determinar o alcance exacto da doenza.

O RC Celta rescata un valioso punto no último minuto (1-1)

O RC Celta conseguiu rascar un valioso punto ante o R. Valladolid (1-1) na última xogada do partido grazas a un cabezazo de Jeison Murillo. Os de Coudet, que se enfrontaron a un rival que tentou perder o máximo tempo posible, suman xa 30 puntos. O equipo celeste tentou ser protagonista desde o asubío inicial, … Continuación

Convocatoria: RC Celta – R. Valladolid

O adestrador do RC Celta, Eduardo Coudet, convocou a 21 xogadores para o partido da vixésimo quinta xornada de LaLiga na que o RC Celta recibe ao Valladolid (domingo, 14.00 Abanca Balaídos). A lista completa fórmana: Iván Villar, Hugo Mallo, Araújo, Denis Suárez, Fran Beltrán, Iago Aspas, Ferreyra, Rubén Blanco, Renato Tapia, Aidoo, Aarón Martín, … Continuación

O RC Celta enfróntase o domingo ao Valladolid nun partido de vital importancia

O RC Celta mídese este domingo a partir das 14.00 horas ao Real Valladolid nun partido de vital importancia. O equipo celeste buscará conseguir a súa segunda vitoria consecutiva como local para afianzarse na zona media alta da clasificación. Rubén Blanco estará a disposición de Eduardo Coudet despois de que o Comité de Competición retiráselle … Continuación

O RC Celta alcanza os 550 partidos con polo menos un canteirán no XI inicial

Cincocentos cincuenta partidos consecutivos. Máis de 12 anos. Un amplo período polo que pasaron polo primeiro equipo numerosos xogadores, aínda que sempre acompañados por unha significativa cifra de canteiráns, buque insignia do RC Celta. Tras o partido ante a Valencia, o club celeste suma 550 partidos oficiais con polo menos un canteirán no seu once … Continuación

Dura derrota do RC Celta contra o Valencia e os elementos (2-0)

O RC Celta perdeu ante a Valencia (2-0) nun encontro no que xogou media hora cun home menos debido á intervención do VAR nunha xogada na que non houbo falta. Pouco ou nada pasou na primeira metade. Os equipos tentaron facerse co control do balón sen éxito algún e o xogo transcorreu no centro do … Continuación