As probas médicas ás que foi sometido Néstor Araujo confirmaron que o xogador sofre unha rotura fibrilar no aductor medio da súa perna esquerda. O central mexicano produciuse a lesión durante a concentración coa súa selección e o tempo estimado de baixa é dun dous/tres semanas.
O partido ante o Real Madrid trouxo malas noticias na enfermaría do RC Celta. O centrocampista arxentino Augusto Solari sofre unha posible rotura muscular no aductor da súa perna esquerda. Nos próximos días realizaránselle probas médicas para coñecer o alcance exacto da lesión.
O adestrador do RC Celta, Eduardo Coudet, convocou a 21 xogadores para o partido da vixésimo oitava xornada de LaLiga na que o RC Celta visita ao Real Madrid (sábado, 16.15, Abanca Balaídos). A lista completa fórmana: Iván Villar, Hugo Mallo Araújo, Denis Suárez, Fran Beltrán, Nolito, Iago Aspas, Ferreyra, Tapia, Juncà, Aidoo, Aarón Martín, … Continuación