Brais Méndez, convocado coa selección Española para tres partidos de clasificación para o Mundial

O seleccionador nacional Luís Enrique incluíu na súa convocatoria para os partidos de clasificación para o Mundial de Qatar 2022 a un futbolista do RC Celta, Brais Méndez, quen participará coa Selección Española en tres decisivos encontros clasificatorios ante Suecia, Georgia e Kosovo. Case tres anos logo da súa última aparición no combinado nacional, o … Continuación

O lateral celeste Kevin sofre una fractura lonxitudinal do malar

O lateral celeste Kevin Vázquez, lesionado no partido de onte á noite ante Osasuna, sofre unha fractura lonxitudinal do malar con alcance ata o bordo anterior da órbita. O canteirán celeste foi examinado polo doutor Sandoval, ciruxán maxilofacial na clínica Maxilodental Alameda de Vigo. Os servizos médicos celestes destacan que dado que a fractura non … Continuación

Thiago Galhardo chega cedido ao RC Celta procedente do Internacional de Porto Alegre

O RC Celta e o Internacional de Porto Alegre chegaron a un acordo para a cesión, con opción de compra, do dianteiro brasileiro Thiago Galhardo.

Resumo do CA Osasuna – RC Celta (0-0)

O RC Celta sumou un punto, o primeiro da tempada, na súa visita ao sempre complicado Estadio El Sadar. Matías Dituro foi o gran protagonista do encontro con sete meritorias paradas, incluída unha nun lanzamento de penalti. Os celestes xogaron os minutos finais cun home menos pola lesión de Kevin Vázquez.

O RC Celta suma o seu primeiro punto da tempada cun Dituro protagonista (0-0)

O RC Celta colleitou o primeiro punto da tempada nun estadio historicamente complicado, no que os celestes non gañan desde a 2013/14. Os de Coudet enfrontáronse a un rival moi duro, intenso e seguro no seu campo que puxo contra as cordas ao conxunto céltico. Os vigueses, que tiveron un par de boas ocasións que … Continuación

Lista de convocados para o Osasuna – RC Celta

O adestrador do RC Celta, Eduardo Coucet, convocou a 19 xogadores para o partido deste luns ante Osasuna en El Sadar. A lista fórmana Matías Dituro, Rubén Blanco, Brais Rodríguez, Kevin, Aidoo, Néstor Araujo, Carlos Domínguez., Fernando Medrano, Javi Galán, Renato Tapia. Fran Beltrán. Denis Suárez, Brais Méndez, Solari, Cervi, Nolito, Alfon, Iago Aspas, e … Continuación

Emre Mor, cedido ao Fatih Karagümrük SK

O RC Celta chegou a un acordo co Fatih Karagümrük SK para a cesión de Emre Mor.

A efectividade decanta a balanza a favor do campión nun partido igualado, intenso e cun bo Celta

A igualdade e unha esixente intensidade de principio a fin, protagonizaron o debut ligueiro do RC Celta ante o Atlético de Madrid. Os celestes renderon a bo nivel empuxados desde a bancada pola afección, limitada en número polas medidas sanitarias, pero entregada ao seu equipo incondicionalmente a pesar do resultado. Correa adiantou ao conxunto colchoneiro … Continuación

Lista de convocados para o RC Celta – Atlético de Madrid

O adestrador do RC Celta, Eduardo Coudet, convocou a 20 xogadores para o primeiro partido de LaLiga 2021/22 deste domingo 15 de agosto en Abanca Balaídos. A lista compóñena: Matías Dituro, Rubén Blanco, Brais Rodríguez, Hugo Mallo, Kevin Vázquez, Joseph Aidoo, Néstor Araujo, José Fontán, Carlos Domínghez, Javi Galán, Renato Tapia, Fran Beltrán, Denis Suárez, … Continuación

Abanca Balaìdos volve á vida cun apaixonante RC Celta – Atlético de Madrid

Chegou a hora, volve a competición oficial para o RC Celta. Coas pilas cargadas e a máxima das ilusións, os nosos xogadores arrincan LaLiga coa alegría engadida de ter aos afeccionados celestes nas gradas de Abanca Balaídos. O Atlético de Madrid, vigente campión, será o noso primeiro invitado na tempada 2021/22 a partir das 17:30h. … Continuación