O RC Celta volveu sumar tres puntos nun partido protagonizado polo frío e a neve. Os de Coudet venceron ao Alavés en Mendizorroza con goles de Santi Mina e Iago Aspas, unha parella atacante que xa suma once goles nesta temporada.
O RC Celta sumou unha importante vitoria por 1-2 en Mendizorroza ante o Deportivo Alavés no partido correspondente á décimo quinta xornada de LaLiga. Tras unha primeira parte igualada, na que os celestes se adiantaron no marcador, Iago Aspas daría o triunfo ao RC Celta no ecuador dunha segunda metade na que os de Eduardo … Continuación
O RC Celta rescatou un punto ante o Villarreal CF en Abanca Balaídos no encontro correspondente á décimo cuarta xornada de LaLiga. Un encontro no que o submarino amarelo adiantouse no marcador por medio de Alberto Moreno na primeira parte, pero un gol de Brais Méndez subiría as táboas ao marcador na segunda metade.
O RC Celta sumou un punto esta tarde en Abanca Balaídos tras empatar a un gol ante o Villarreal CF no partido correspondente á décimo cuarta xornada de LaLiga. O conxunto castellonenco adiantouse no marcador na primeira parte por medio de Alberto Moreno, pero os celestes melloraron na segunda parte e lograrían a igualada por … Continuación
Os partidos clasificatorios para o Mundial de Qatar de 2022 protagonizaron os compromisos do mes de novembro dos internacionais do RC Celta. Ese foi o caso de Joseph Aidoo, Néstor Araújo, Renato Tapia e Brais Méndez, mentres que José Fontán participou na fase de clasificación para o Europeo sub-21 de 2023 que se celebrará en Xeorxia e Romanía. Joseph … Continuación
Santi Mina xa adestra con total normalidade. O dianteiro celeste sufriu ante o Rayo Vallecano unha elongación do bíceps femoral da súa coxa esquerda, unha lesión que lle mantivo de baixa durante quince días e da que xa está totalmente recuperado. O vigués volve estar dispoñible para Eduardo Coudet, que poderá contar co atacante para … Continuación