Iago Aspas, ganador do Premio Estrella Galicia de decembro: “sempre é un orgullo recibir o apoio da afección”

É un nome que non podía faltar no palmarés dos Premios Estrella Galicia. Iago Aspas foi elixido pola afección celeste como o mellor xogador do RC Celta durante o pasado mes de decembro, no que anotou ante Espanyol e Valencia e ofreceu un extraordinario rendemento. O canteirán mostrouse “moi contento por recibir este premio” e … Continuación

Fran Beltrán, celeste ata 2026: “Séntome orgulloso e feliz, esta é a miña segunda familia”

Fai só dous días, o RC Celta pechaba a renovación do canteirán Carlos Domínguez tras un ilusionante acordo para avanzar na consolidación do futuro do club. Nesa mesma liña encádrase a protagonizada por un centrocampista que aporta presente e futuro. Fran Beltrán, de 22 anos de idade, e o presidente Carlos Mouriño estamparon as súas … Continuación

Renato Tapia sofre un esguince leve no seu xeonllo esquerdo

A resonancia magnética realizada polos servizos médicos do RC Celta ao centrocampista Renato Tapia desvela que o internacional peruano sufriu un esguince leve do ligamento lateral interno do seu xeonllo esquerdo. Tapia mantén adestramento individual, pero espérase que ao longo da semana comece a realizar traballos co grupo. O medio centro celeste lesionouse durante o … Continuación

Resumo | Real Sociedad – RC Celta (1-0)

O RC Celta perdeu ante a Real Sociedad no Reale Area no encontro correspondente á vixésima xornada de LaLiga. Un encontro no que os locais levaron os tres puntos grazas a un gol de Mikel Oyarzabal na primeira metade.

Derrota celeste no Reale Arena (1-0)

O RC Celta non puido estender a súa serie de resultados positivos en liga ao caer derrotado pola mínima no campo da Real Sociedad. Aos de Coudet púxoselles o partido costa arriba moi pronto. No minuto 12 Oyarzabal puxo en vantaxe ao cadro local e, a partir de aí, os txuri-urdin souberon desactivar os intentos … Continuación

Lista de convocados para o partido ante a Real Sociedad

O adestrador do RC Celta, Eduardo Coudet, convocou a 21 xogadores para o partido deste sábado ás 16:15 horas ante a Real Sociedad en el Reale Arena. A lista fórmana Dituro, Hugo Mallo, Araújo, Okay, Denis Suárez, Galhardo, Beltrán, Nolito, Iago Aspas, Cervi, Aidoo, Galán, Fontán, Kevin, Santi Mina, Brais Méndez, Murillo, Carlos Domínguez, Gabri … Continuación

A maxia de Orbelín Pineda súmase ao ataque do RC Celta

A maxia e a polivalencia de Orbelín Pineda impulsarán o ataque do RC Celta, que abre este periodo de fichaxes invernal coa chegada, trala conclusión do seu contrato con Cruz Azul, do internacional Mexicano. Orbelín Pineda (Coyuca de Catalán, (24/03/1996) firma ata xuño de 2027 e chega ao conxunto celeste avalado por unha extraordinaria carreira … Continuación

Resumo | CD Atlético Baleares – RC Celta (2-1)

O RC Celta despídese da Copa del Rey tras caer derrotado por 2-1 ante o Atlético Baleares no Estadio Balear. Brais Méndez anotou o gol dos celestes.

O RC Celta cae en dezaseisavos da Copa do Rei (2-1)

O RC Celta despediuse da Copa do Rei na rolda de dezaseisavos de final. Os de Coudet víronse sorprendidos por un bo Atlético Baleares que soubo desactivar ao cadro vigués e adiantarse no marcador no primeiro cuarto de hora de xogo. Os locais resistiron até despois do descanso, cando o técnico do RC Celta deu … Continuación

Miguel Baeza terminará a tempada na SD Ponferradina

O RC Celta e a Sociedad Deportiva Ponferradina alcanzaron un acordo para que Miguel Baeza termine a tempada cedido no conxunto berciano. Na presente tempada, Miguel Baeza disputou un total de tres encontros, dous deles en Copa do Rei, deixando unha asistencia moi importante para o pase do equipo aos dezaseisavos de final.  Moitísima sorte, … Continuación