LIGA | Confirmado o horario do Celta-Osasuna da xornada 23

  LaLiga confirmou os horarios da xornada 23 de Primeira División. O RC Celta recibe ao CA Osasuna en Balaídos o domingo 19 de febreiro ás 18:30. beIN LaLiga retransmitirá o partido en directo.  

COPA | Un Celta espléndido toma vantaxe nos cuartos de Copa no Bernabéu (1-2)

  O Celta, ambicioso, atrevido e fiel a si mesmo, logrou unha magnífica vitoria no Bernabéu no partido de ida dos cuartos de final da Copa do Rei. Os goles chegaron na segunda metade coas canteiráns Aspas e Jonny como anotadores.   O Celta, fiel a si mesmo, con máximo respecto á súa identidade, arrincou … Continuación

LIGA | R.Sociedad-Celta: listaxe de convocados

Eduardo Berizzo convocou a 19 xogadores, entre eles ao canteirán Pape Cheikh e ao porteiro do filial Iván pola baixa por lesión de Rubén, de cara ao partido de Liga ante a Real Sociedad (domingo, 18:30, Anoeta).   A listaxe completa fórmana: Sergio, Hugo Mallo, Fontàs, Radoja, Bongonda, Pablo Hernández, Guidetti, Iago Aspas, Sisto, Lemos, … Continuación

Iago Aspas, no “Team of the Week” do FIFA 17 Ultimate Team

  Iago Aspas continúa sumando premios e recoñecementos polo seu extraordinario rendemento co RC Celta. O popular videoxogo FIFA 17 de EA Sports incluíu ao futbolista galego no equipo ideal da pasada semana. O de Moaña recibiu un trofeo conmemorativo, unha camiseta personalizada coa súa puntuación no xogo, un cartón con 12.000 'FIFA points' e … Continuación

LIGA | O Celta sofre en Anoeta a primeira derrota do ano (1-0)

  Anoeta foi escenario da primeira derrota do Celta no ano 2017. A pesar dos altibaixos e as moitas novidades no once inicial, os celestes competiron en todo momento e acariñaron o empate no tramo final do encontro. O gol da Real Sociedade chegou na segunda parte, a balón parado, obra de Juanmi. Toca pensar … Continuación

Jozabed debutou co Celta en Anoeta

  O centrocampista Jozabed Sánchez, única fichaxe invernal do Celta até o momento, debutou co equipo vigués este domingo en Anoeta. O futbolista andaluz foi titular no partido de Liga ante a Real Sociedade e mantívose no terreo de xogo até o minuto 67, cando foi substituído por Radoja.   Aínda que, loxicamente, falto de … Continuación

Fontàs cumpriu ante a Real Sociedad 100 partidos en Primeira División

  Andreu Fontàs sumou un centenar de partidos en Primeira División este domingo en Anoeta ante a Real Sociedade. O xogador catalán, de 27 anos, debutou na máxima categoría do fútbol español o 31 de Agosto de 2009 no Camp Nou defendendo a camiseta do FC Barcelona, club no que se formou, ante o Real … Continuación

LIGA | LaLiga fixa o horario para a visita do Celta a El Molinón

  LaLiga confirmou os horarios da xornada 24 de Primeira División. O RC Celta visita ao Real Sporting en El Molinón o domingo 26 de febreiro ás 18:30. beIN LaLiga retransmite o partido en directo.  

COPA | Celta-Real Madrid: listaxe de convocados

Eduardo Berizzo convocou a 18 xogadores, entre eles aos canteiráns Iván Villar e Pape Cheikh, para o partido de volta dos 1/4 de final da Copa do Rei ante o Real Madrid (mércores, 21:15, Balaídos).   A lista completa fórmana: Sergio, Iván Villar, Hugo Mallo, Fontàs, Marcelo Díaz, Radoja, Bongonda, Guidetti, Iago Aspas, Sisto, Jozabed, … Continuación

COPA | Un Celta épico elimina ao Real Madrid nunha noite para o recordo

  Noite para o recordo. Balaídos vibrou cun partido épico, con opcións para os dous equipos e cun Celta entregado a matar para conseguir algo épico: eliminar ao Real Madrid e plantarse por segunda tempada consecutiva nas semifinais de Copa do Rei.   O Real Madrid saíu a por todas, sabedor de que necesitaba reconducir … Continuación