COPA | Celta-Valencia: listaxe de convocados

  Eduardo Berizzo convocou a 18 xogadores para o partido de volta dos 1/8 de final da Copa do Rei ante o Valencia CF (xoves, 19:00, Balaídos), entre eles Radoja, no parte médico pero que xa adestrou có grupo.   A lista completa fórmana: Sergio, Rubén, Hugo Mallo, Marcelo Díaz, Radoja, Bongonda, Pablo Hernández, Iago … Continuación

COPA | O Celta certifica o seu pase a cuartos cunha nova vitoria ante o Valencia (2-1)

O Celta certificou o seu pase aos cuartos de final da Copa do Rei cunha vitoria por 2-1 en Balaídos. Na ida, en Mestalla, os galegos asinaron un contundente 1-4 que puxo a eliminatoria moi costa arriba á Valencia. Rossi marcou para o Celta e Vinicius para os valencianos. Este venres coñecerase ao próximo rival … Continuación

FICHAXE | O RC Celta enriquece a súa proposta con calidade e definición: Jozabed Sánchez

  A media punta Jozabed Sánchez xogará cedido no RC Celta até fina de tempada, segundo o acordo alcanzado co Fulham inglés que establece ademais unha opción de compra para o conxunto celeste. O centrocampista ofensivo andaluz, un mediapunta que se desenvolve con solvencia en diferentes posicións da medular e o ataque, chamado a reforzar a … Continuación

COPA | O Real Madrid, rival do Celta nos 1/4 de Copa do Rei

  O sorteo de Copa do Rei celebrado este venres en Las Rozas emparellou ao Real Madrid co RC Celta na eliminatoria de cuartos de final do torneo. A falta de que se confirmen as datas e horarios definitivos, a ida disputarase o mércores 18 de xaneiro no Bernabéu e a volta o mércores 25 … Continuación

Jozabed: “Veño a un dos mellores equipos da Liga”

  Jozabed Sánchez, novo xogador do RC Celta, presentouse este venres no estadio de Balaídos ante medios de comunicación e afeccionados. O centrocampista estivo acompañado polo conselleiro Antonio Rosendo, quen deu a benvida ao futbolista en nome da institución, e o director deportivo Felipe Miñambres: "Esperamos que nos achegue todo o que demostrou na súa … Continuación

LIGA | O partido ante a Real Sociedad trasládase ao domingo

  O partido de LaLiga ante a Real Sociedad, que se ía a disputar o luns 23 de xaneiro, trasládase ao día anterior, domingo 22, ás 18:30 horas. Esta modificación débese ao partido de Copa do Rei que o Celta xoga o mércores 25 en Balaídos ante o Real Madrid.

COPA | Confirmados os horarios para a eliminatoria ante o Real Madrid

  Xa se coñecen os horarios para os dous choques copeiros de cuartos de final ante o Real Madrid. O Bernabéu acollerá o partido de ida o mércores 18 de xaneiro ás 21:15 horas e Balaídos o de volta o mércores 25 á mesma hora.  

David Costas xogará cedido no Real Oviedo

  David Costas, defensa central do primeiro equipo, xogará cedido no Real Oviedo ata o final da presente tempada. O futbolista celeste xogou esta campaña tres partidos có RC Celta, un en cada competición: Liga, Copa e Europa League.   O club desexa a Costas o maior dos éxitos có Real Oviedo.

LIGA | O Celta dobrega sobre a bucina a un sólido Alavés (1-0)

  O Celta enfrontouse a un Alavés moi serio, sólido e ordenado que disputou o partido de ti a ti aos de Berizzo. Aínda que as mellores oportunidades pasaron polas botas dos celestes, hoxe imprecisos, o cadro vasco buscou o gol sen descanso até o asubío final.   O segundo tempo arrincou cunha inmellorable ocasión … Continuación

Radoja, xogador Estrella Galicia do mes de Decembro para a afección celtista