UEL | Clasificados! O Celta estará no bombo de dezaseisavos da Europa League

  Día histórico para a familia celeste. O RC Celta venceu ao Panathinaikos na xornada decisiva da UEFA Europa League e clasifícase como segundo de grupo aos dezaseisavos de final da competición. Os celestes impuxéronse por 0-2 ao equipo de Atenas e, co empate a uns de Standard e Ajax, continúan adiante co seu soño … Continuación

A tenda abre este domingo con motivo do Celta-Sevilla

  A tenda do Celta en Balaídos abrirá as súas portas este domingo con motivo do partido de Liga entre Celta e Sevilla. O establecemento estará operativo desde as 15:00 ata o inicio do encontro e, unha vez finalice, permanecerá aberto ata as 20:00.   A partir de luns 12 de decembro e até o … Continuación

Celta-Sevilla: entradas de balde para nenos e nenas de ata 15 anos

  Tras completar con éxito a Fase de Grupos da UEFA Europa League e clasificarse aos dezaseisavos de final do torneo, o RC Celta retoma a competición doméstica cun esixente enfrontamento ante o Sevilla FC (domingo, 16:15, Balaídos), un dos equipos punteiros de Primeira División.   Será o último choque ligueiro do ano en Balaídos … Continuación

LIGA | O Celta cae ante o Sevilla nun partido de poder a poder (0-3)

  Balaídos viviu un partido eléctrico, de ti a ti desde o primeiro minuto. O Sevilla adiantouse ao comezo da segunda parte cun tanto de cabeza de Iborra, quen acabaría sendo o gran protagonista do encontro. Os vigueses dérono todo por reverter o resultado, pero os andaluces foron moito máis efectivos e terminaron goleando. Iborra, … Continuación

UEL | O Celta coñecerá ao seu rival de dezaseisavos este luns

  O RC Celta coñecerá este luns ao seu rival nos dezaseisavos de final da UEFA Europa League. O equipo vigués estará no bombo 2 do sorteo, que terá lugar en Mónaco e comezará ás 13:00 horas. O equipo ao que se enfrontará o Celta na eliminatoria sairá de entre os seguintes: APOEL, Besiktas, Copenhague, … Continuación

UEL | Shakhtar Donetsk, rival do Celta nos 1/16 de final da Europa League

  O Celta xa coñece ao seu próximo opoñente europeo. O sorteo de 1/16 de final da UEFA Europa League, celebrado este luns en Mónaco, emparellou ao conxunto vigués co Shakhtar Donetsk ucraíno, un dos equipos máis potentes da competición que na Fase de Grupos asinou un pleno de vitorias ante o KAA Gent, SC … Continuación

Iago Aspas, recoñecido por segundo mes consecutivo coma xogador Estrella Galicia

  Iago Aspas recolleu este luns en "La Central", establecemento de restauración situado no centro histórico vigués, o seu segundo premio "Xogador Estrela Galicia" da tempada. A través dunha votación realizada nas redes sociais do RC Celta, a afección decantouse unha vez máis polo dianteiro moañés como o futbolista con mellor rendemento do mes, encadeando … Continuación

LIGA | Anunciado o horario da xornada 20 ante o Leganés

  LaLiga confirmou os horarios da xornada 20 de Primeira División. O RC Celta visita ao CD Leganés no Municipal de Butarque o sábado 28 de xaneiro de 2017 ás 20:45. beIN LaLiga retransmitirá o partido en directo.

LIGA | Un Celta brillante cae no desconto en San Mamés (2-1)

  Día aciago en San Mamés. O RC Celta asinou un dos seus mellores partidos da tempada, brillante, con dominio do xogo desde o primeiro minuto. Os de Berizzo tiveron ocasións inmellorables para chegar ao descanso cunha clara vantaxe no marcador, pero non foi así. Primeiro Guidetti e despois Iago Aspas fallaron no un a … Continuación

COPA | O Celta certifica o seu pase a oitavos de Copa e pecha o ano “vivo” en tres competicións

  O Celta foi certificou o seu pase aos oitavos de final da Copa do Rei impóndose ao UCAM Murcia con claridade. Os de Berizzo afrontaban o partido de volta cunha vantaxe de 1-0 na eliminatoria tras o resultado cultivado en Murcia e non deixaron lugar á sorpresa dominando o choque desde o primeiro minuto. … Continuación