O RC Celta rabuña a vitoria desde o punto de penalti (0-0)

O RC Celta segue sumando. Os de Coudet rabuñaron un empate sen goles no Novo Mirandilla, ante o Cádiz CF, un partido no que as ocasións escasearon sobre todo ao lado celeste. Matías Dituro realizou un puñado de grandes intervencións que lle valeu ser elixido o celtismo como o mellor xogador céltico do encontro. No … Continuación

Resumo | RC Celta – Rayo Vallecano (2-0)

Vitoria celeste (2-0) ante o Rayo Vallecano cun Brais Méndez pletórico. O celeste anotou os dous goles do partido, nunha auténtica exhibición da calidade e maxia que atesoura nas súas botas.

Forza e solidez para o futuro do RC Celta: Joseph Aidoo, ata 2026

O proxecto de futuro, e presente, do RC Celta segue cobrando forza, consistencia, solidez… nunca mellor dito. O central Jospeh Aidoo amplía a súa vinculación co club celeste ata xuño de 2026, o que garante a continuidade dun futbolista que mostrou unha gran evolución ata erigirse nunha peza crave na solidez defensiva do equipo. Aidoo, … Continuación

Brais Méndez e o celtismo lideran a un ilusionante RC Celta ante o Rayo (2-0)

O celtismo gozou este sábado dun ilusionante triunfo do seu equipo ante o Rayo Vallecano. A escuadra celeste tivo o empuxe constante dunhas bancadas de Abanca Balaídos que ofreceron a segunda mellor entrada da tempada. Foi unha das claves do partido, pero tamén un fantástico equilibrio entre defensa e ataque de todo o equipo de … Continuación

Brais Méndez celebra con dobrete os seus 150 partidos como celeste

Brais Méndez acadou este sábado ante o Rayo Vallecano, no duelo correspondente á vixésimo terceira xornada de LaLiga 21/22, os 150 partidos oficiais co RC Celta. O centrocampista fíxoo, ademais, anotando os dous goles da vitoria viguesa e ofrecendo unha auténtica demostración de calidade. O canteirán celeste disputou 136 encontros como celeste na máxima categoría … Continuación

Lista de convocados para o partido ante o Rayo Vallecano

O adestrador do RC Celta, Eduardo Coudet, convocou a 22 xogadores para o partido deste sábado ás 18:30 horas ante o Rayo Vallecano en Abanca Balaídos. A lista fórmana Matías Dituro, Hugo Mallo, Araujo, Denis Suárez, Thiago Galhardo, Fran Beltrán, Nolito, Iago Aspas, Cervi, Rubén Blanco, Renato Tapia, Aidoo, Galán, Orbelín Pineda, Fontán, Kevin, Solari, … Continuación

O central Joseph Aidoo obtén o seu primeiro Premio Estrella Galicia

Primeiro recoñecemento ao central celeste Joseph Aidoo. O defensor alzouse co Premio Estrella Galicia ao mellor xogador do pasado mes de xaneiro tras recibir máis votos dos afeccionados que os outros dous finalistas. Deste xeito lévase o seu primeiro galardón como xogador do RC Celta. O central ofreceu un rendemento sobresaínte nun mes no que … Continuación

Joseph Aidoo recibe a alta médica

Joseph Aidoo xa ten a alta médica. O defensa ganés, quen sufriu unha contusión na coxa dereita durante o partido da joranda 21 ante o Sevilla FC, completou este xoves con normalidade o adestramento co grupo. O xogador pasa a estar a disposición de Eduardo Coudet de face ao partido de LaLiga ante o Rayo … Continuación

Okay Yokuslu, cedido con opción de compra ao Getafe CF

O RC Celta e o Getafe CF chegaron a un acordo para que o internacional turco Okay Yokuşlu termine a tempada en calidade de cedido, con opción de compra ao finalizar o curso, no conxunto madrileño. Esta tempada, Okay, disputou un total de nove encontros entre LaLiga e Copa del Rey. Desde o RC Celta … Continuación

Joseph Aidoo sofre unha contusión na coxa dereita

O central do RC Celta Joseph Aidoo sofre unha contusión na súa coxa dereita e hoxe adestrou no ximnasio da Cidade Deportiva Afouteza. Aidoo sufriu a lesión na segunda metade do partido do pasado sábado ante o Sevilla, no que tivo que ser substituído.