O Comité de Competición sanciona a Hugo Mallo e Sergio

  O Comité de Competición da Federación Española de Fútbol comunicou hoxe unha sanción de catro partidos ao defensa celeste Hugo Mallo e de dous partidos ao porteiro Sergio Álvarez. Tamén foi sancionado con dous partidos de suspensión o preparador físico Pablo Fernández.   Hugo Mallo cumprirá a súa sanción nos partidos de Liga ante … Continuación

Os abonados do Celta xa poden reservar entradas para Atenas

  Os abonados do RC Celta que desexen desprazarse a Atenas para presenciar o partido de Europa League ante o Panathinaikos poderán realizar até o 30 de novembro a reserva de entradas nos despachos de billetes do Estadio de Balaídos. Os abonados celestes, que deberán presentar o seu carné en vigor, terán á súa disposición … Continuación

UEL | Empate ante o Standard e todo por decidir en Atenas

  Non puido ser. O Celta rozou a clasificación matemática aos dezaseisavos de final da Europa League até o minuto 80, no que o Standard igualou o gol de Iago Aspas. Así, a clasificación final do Grupo G decidirase na última xornada, na que os galegos visitan o campo do Panathinaikos.   O Celta arrincou … Continuación

Carles Planas: de 5 a 6 semanas de baixa por rotura de grao II

  A ecografía realizada este venres a Carles Planas confirma que o xogador sofre unha rotura de grao II no xemelgo interno da perna esquerda. Os servizos médicos do RC Celta estiman que o futbolista catalán estará de baixa unhas 5 ou 6 semanas.

Un bo Celta e un espectacular Iago Aspas dobregan ao Granada

  O Celta liberouse do amargo empate do xoves en Europa League recuperando unha das súas mellores versións ante a Granada, unha actuación sobresaliente que puido emborronarse nos últimos minutos cando os visitantes aproveitaron un erro defensivo para pór o 2-1 no marcador. O canteirán Pape, recentemente entrado ao terreo de xogo, fulminó a tensión … Continuación

LIGA | O Celta-Alavés da xornada 18 xa ten horario

  LaLiga confirmou os horarios da xornada 18 de Primeira División. O RC Celta recibe ao Deportivo Alavés en Balaídos o sábado 14 de xaneiro de 2017 ás 20:45. beIN LaLiga retransmitirá o partido en directo.

LIGA | Confirmado o horario do partido en Anoeta

  LaLiga confirmou os horarios da xornada 19 de Primeira División. O RC Celta visita á Real Sociedad en Anoeta o luns 23 de xaneiro de 2017 ás 20:45. beIN LaLiga retransmitirá o partido en directo.

Iago Aspas regresa ao 11 Ideal de LaLiga

  Iago Aspas foi incluído no 11 Ideal de LaLiga por terceira vez nesta tempada. O canteirán, nun espectacular estado de forma, volveu marcar na xornada 13 ante a Granada, asinou unha asistencia de gol e ofreceu un dos seus partidos máis completos. Novo recoñecemento ao extraordinario momento que vive o de Moaña.

COPA | O Celta debuta en Copa con vitoria (0-1)

  O Celta logrou unha boa renda no seu debut en Copa, partido de ida dos dezaseisavos de final, ao superar a un correúdo e ordenado UCAM Murcia cun gol de Sergi Gómez. Primeira metade incómoda para o Celta, cun rival correúdo, axustado na presión e de gran malgaste físico. Os celestes trataron de combinar … Continuación

LIGA | O Celta, con xogo e fe, suma un valioso punto ante o Betis

  O Celta sumou un valioso punto no Benito Villamarín, onde logrou remontar dúas veces un partido espectacular. Os celestes, espléndidos en moitas fases, encaixaron dúas tantos a balón parado, un de penalti, pero lograron sempre reaccionar cun dobrete de Iago Aspas e un gol de Roncaglia.   O Celta acaparou a posesión desde o … Continuación