Destacada representación celeste na lista da Selección Galega

  A Selección Galega absoluta regresa este 20 de maio cun partido ante a Selección de Venezuela que se celebrará no Estadio de Riazor (A Coruña). Míchel Salgado e Fran, encargados de dirixir ao combinado galego nesta nova etapa, anunciaron esta mañá en Vigo unha lista de convocados na que o RC Celta ten unha … Continuación

O Celta pecha en Balaídos cunha vitoria unha tempada histórica

  O Celta sumou unha vitoria en Balaídos ante o Málaga, con gol de Nolito, que lle permite asegurar a sexta praza e seguir optando á quinta. Foi un triunfo saboroso para pór punto e final en Balaídos a unha tempada histórica nunha xornada infestada de celebracións coa afección.   O dominio celeste desde o … Continuación

O sábado ás 19:30, última xornada no Calderón

  A Liga de Fútbol Profesional anunciou os horarios da última xornada de LaLiga 2015/16. O RC Celta visita o Vicente Calderón para medirse ao Atlético de Madrid o sábado 14 de maio ás 19:30 horas.

Guidetti estará na Eurocopa 2016

  A Selección Absoluta de Suecia anunciou este mércores a lista de 23 xogadores que participarán na Eurocopa 2016, entre eles John Guidetti. O dianteiro celeste asinou unha notable tempada no seu primeiro ano en Vigo con 34 participacións e 7 goles en Liga e 8 aparicións e 5 dianas en Copa do Rei.

Daniel Wass,no 11 revelación da UEFA

  O centrocampista celeste Daniel Wass foi elixido na 11 revelación da liga publicado por UEFA.com. O internacional danés forma parte dunha listaxe que destaca o desempeño de xogadores da liga española durante a tempada 2015-2016, tanto aqueles que disputaron o seu primeiro ano na liga española como quen experimentaron un importante crecemento ao longo … Continuación

O Celta con destacada representación nas grandes competicións internacionais

  A brillante tempada do Real Club Celta, que lle valeu a clasificación para a Europa Leage, viuse reflectida a nivel individual coa convocatoria de até seis xogadores para disputar as dúas grandes competicións internacionais que se celebrarán este verán: o Euro 2016 e a Copa América 2016. O dianteiro celeste Nolito forma parte dos … Continuación

O Celta, na fase de grupos da UEFA League, comezará a pretemporada o 4 de xullo

  O Real Club Celta disputará a partir do 15 de setembro a fase de grupos da Europa League. Por novena vez na súa historia e tras dez anos de ausencia, o equipo vigués volve a unha competición europea tras unha tempada extraordinaria, na que alcanzou as semifinais da Copa do Rei e acabou na … Continuación

Primeira pedra dunha ilusionante tempada: Cabral será celeste ata o 2019

  O Real Club Celta puxo a primeira pedra da ilusionante tempada 2016/17, a do retorno a Europa, cunha importante renovación. O central Gustavo Cabral, peza importante no equipo vigués nas últimas campañas e que acababa contrato o próximo 30 de xuño, será celeste ata o ano 2019.   O defensor chegou ao RC Celta … Continuación

A EURO’16 comeza este venres con Nolito e Guidetti como representantes celestes

  A Eurocopa 2016 comeza este venres en Francia co partido inaugural entre a selección anfitrioa e Romanía (21:00, Saint-Denis). O RC Celta conta nesta edición do torneo continental con dous representantes, os atacantes Nolito (España) e Guidetti (Suecia), quenes debutarán na competición o luns.   Luns 13 de xuño España - Rep.Checa (15:00, Toulouse) … Continuación

Tucu e Orellana, titulares con Chile no triunfo ante Bolivia

  A Selección de Chile superou a Bolivia por 2-1 no segundo partido da Copa América Centenario, que se disputa estes días en Estados Unidos. O centrocampista celeste Pablo 'Tucu' Hernández disputou o partido ao completo e Orellana, tamén titular, foi substituído no minuto 68. O terceiro representante do Celta en 'la Roja', Marcelo Díaz, … Continuación