Marcelo Díaz permanecerá unhas tres semanas de baixa

  O centrocampista do RC Celta Marcelo Díaz sofre unha lesión miofascial na zona distal do bíceps femoral dereito. Segundo o xefe dos servizos médicos do club, Juan José García Cota, trátase de “unha lesión de bo pronóstico!. O médico céltico precisou que, tras examinar ao futbolista e valorar a resonancia e a ecografía que … Continuación

Iago Aspas recibe a alta médica e poderá xogar o derbi galego

  Tras adestrar esta mañá con nomalidad xunto ao resto do grupo, Iago Aspas recibiu a alta médica. O futbolista galego xa está totalmente recuperado da microrrotura fibrilar no bíceps femoral dereito que sufriu o 12 de Marzo durante o partido de Liga ante a Real Sociedad. O xogador estará a disposición de Eduardo Berizzo … Continuación

Pablo Hernández recibe a alta médica

  Pablo Hernández completou este venres o adestramento co resto do grupo e recibiu a alta médica. O internacional chileno está recuperado da lesión que sufriu no partido de Liga ante o Real Madrid no Santiago Bernabéu, o pasado 5 de Marzo. Berizzo, que anunciará a lista de convocados para o derbi galego mañá sábado, … Continuación

O Celta mereceu máis nun intenso derbi galego que remata en táboas

  O Celta mereceu máis nun intenso ou disputado derbi galego que acabou en empate. Os celestes dominaron o partido, en especial tras a expulsión de Arribas, pero non foron capaces de desfacer o empate definitivo. Nolito, cun remate prodixioso, igualou o tanto inicial do Deportivo.   O equilibrio presidiu o arranque do derbi, con … Continuación

Athletic-Celta: domingo 1 de maio ás 12:00

  A LFP anunciou esta mañá os horarios da xornada 36 de Primeira División. O Celta xogará ante o Athletic Club en San Mamés o luns 1 de maio ás 12:00 horas.

Unha parada de Sergio, entre as dez mellores da Liga do mes de Marzo

  A Liga de Fútbol Profesional seleccionou unha parada do gardameta celeste Sergio Álvarez como unha das dez mellores do mes de Marzo en Primeira División. 'O Gato de Catoira' ocupa a sétima posición nesta clasificación cunha gran intervención que realizou ante Bakambú, dianteiro do Villarreal, no partido disputado en Balaídos e que finalizou con … Continuación

O Celta supera ao Sporting, rompe un récord e acaricia o seu soño

  O Celta superou ao Sporting no Molinón nun partido serio e solvente que dominou con claridade e que desnivelou Nolito cun tanto na segunda metade. Os celestes dan un gran paso para asegurarse a sétima praza cunha notable vantaxe sobre o oitavo clasificado. O Celta bateu ademais un registtro histórico, o de puntos como … Continuación

O Celta de Berizzo é o mellor visitante da historia celeste

  Coa importante vitoria en Xixón, coa que o Celta acariña o seu soño europeo, o equipo celeste superou unha marca histórica. O Celta adestrado por Eduardo Berizzo xa é o que máis puntos colleitou como visitante na historia do club vigués.   Con 26 puntos (8 vitorias e 2 empates), o Celta 2015/16 rompe … Continuación

Entradas desde 15 e 20 euros ante o Real Betis

  O Real Betis, decimosegundo clasificado con 37 puntos tras derrotar ao Levante a pasada xornada, visita Balaídos este sábado ás 22:05 horas. Os vigueses afrontan este encontro dispostos a sumar tres puntos craves que permitan dar un paso máis cara ao ilusionante regreso do club celeste a Europa, un obxectivo só alcanzable coa unión … Continuación

Orellana e Nolito no once ideal da xornada

  O Celta volve ser protagonista no once ideal de LaLigaFantasy. Fabián Orellana e Nolito foron seleccionados por LaLiga como dous dos futbolistas máis destacados da xornada 32. Os atacantes celestes ofreceron un rendemento sobresaliente en Xixón, onde o Celta sumou tres valiosos puntos cun solitario tanto de Nolito.