O primeiro equipo celeste sométese a unha completa analítica no Hospital Vithas Fátima

  Os xogadores do primeiro equipo do Real Club Celta sometéronse este luns a unha completa analítica no Hospital Vithas Nuestra Señora de Fátima. Os resultados deste control permitirán aos servizos médicos do club avaliar con precisión o estado físico do persoal de cara á recta final do campionato ligueiro, que xa entrou na fase … Continuación

O Celta visita El Molinón o sábado 9 de abril

  A LFP comunicou esta mañá os horarios correspondentes á xornada 32 de Primeira División. O RC Celta enfróntase ao Real Sporting en El Molinón o sábado 9 de abril ás 18:15 horas. Canal+ Liga restransmitirá o partido.  

Iago Aspas: “Seguimos na pelexa por Europa”

  "Cada fallo que cometes contra un grande penalízache moito". Iago Aspas atendeu esta mañá aos medios de comunicación na sala de prensa da Madroa e fíxoo coa súa habitual franqueza: "Estiven fodido en casa. Funme ao vestiario no descanso pensando que podiamos gañar e cada vez que perdiamos o balón na segunda parte era … Continuación

Pablo Hernández, baixa 4 ou 5 semanas

  A resonancia magnética realizada no Hospital Vithas Fátima ao centrocampista celeste Pablo Hernández confirma o diagnóstico inicial dos servizos médicos do club e desvela a existencia dunha escordadura grao II (rotura parcial) do ligamento lateral interno do xeonllo dereito do xogador. O período de recuperación estímase que será de 4 ou 5 semanas.

Planas: “O obxectivo é rematar onde merecemos, onde estivemos toda a tempada”

  Carles Planas compareceu esta mañá en sala de prensa tras o adestramento do primeiro equipo na Madroa. O defensa celeste pediu "facer borrón e conta nova" e volver centrarse na loita por unha praza europea: "Quédannos dez partidos e o obxectivo do equipo é terminar onde merecemos, onde estivemos toda a tempada", declarou.   … Continuación

Cabral: “A Real é un rival directo que hai que deixar atrás”

  Gustavo Cabral xa pensa no importante partido deste sábado ante a Real Sociedade, "un rival directo que hai que deixar atrás". O central céltico cualifica de "esixente" o choque ante o cadro donostiarra e considera que a clave estará en manter a filosofía de xogo do Celta: "Ter a pelota, facer correra ao rival, … Continuación

O novo seleccionador de Dinamarca convoca a Daniel Wass

Foto: Rodrigo Otero Age Hereide, novo seleccionador de Dinamarca, convocou ao centrocampista celeste Daniel Wass para os dous próximos amigables contra Islandia e Escocia que o combinado danés disputa o día 24 en Herning (Dinamarca) e o 29 de marzo en Glasgow (Escocia) respectivamente.   Con esta convocatoria, a primeira elaborada por Hereide, Wass confirma a … Continuación

Chelo Díaz: “Vía sempre os partidos do Celta e entendía que este equipo tiña que xogar unha copa internacional”

  O equipo afronta o partido deste sábado como clave na loita polos postos europeos. Así o recoñeceu esta mañá o centrocampista céltico Marcelo Díaz, quen asegurou que o persoal adestrou moi ben durante a semana e chegan ao choque preparados para sumar unha vitoria: "Puxemos toda a nosa concentración neste partido. É un rival … Continuación

LIGA | RC Celta – Real Sociedad: convocados

  O adestrador do Celta, Eduardo Berizzo, convocou a 18 xogadores  para o partido de Liga ante a Real Sociedad (sábado, 18:15, Balaídos) entre eles, o centrocampista do filial Borja Fernández. Fontàs e Pablo Hernández son baixa por lesión e Orellana por sanción.   A lista completa fórmana Sergio, Rubén, Hugo Mallo, Marcelo Díaz, Radoja, … Continuación

Berizzo: “A nosa mentalidade ten que fortalecerse nas últimas xornadas”

  O técnico celeste Eduardo Berizzo prepara o crucial partido de mañá con 18 xogadores entre os que se atopa o mediocampista do filial Borja Fernández. Para este encontro non poderá contar con Orellana por sanción nin con Fontás e Pablo Hernández por lesión. Berizzo considera de gran valor un partido no que terán que … Continuación