O Celta remonta e suma un punto tras un gran monólogo ofensivo (1-1)

  O Celta volveu encaixar ao final da primeira metade nun saque de esquina e, ante un rival en inferioridade e moi metido atrás, empuxou con decisión en busca da remontada. Beauvue empatou e os celestes tentárono con ganas, nun monólogo ofensivo que non tivo o premio merecido.   Gran respecto no arranque do partido, … Continuación

Real Madrid-Celta: sábado 5 de marzo ás 16h

  A LFP confirmou os horarios da xornada 28 de Primeira División. O Celta xoga contra o Real Madrid no Santiago Bernabéu o sábado 5 de marzo ás 16:00 horas.

Beauvue, no once ideal da Liga

  Claudio Beauvue, autor do gol do empate ante o Sevilla o pasado domingo, forma parte do once ideal de LaLiga Fantasy da xornada 23.   

O Celta e a súa afección despídense da Copa coa cabeza alta

  Os momentos, os detalles, as pequenas cousas que decantan un partido, unha eliminatoria, aliñáronse en contra dun Celta que, esporeado por unha afección magnífica, entusiasta, tentouno sen desmaio até o final. Os celestes, que realizaron un espléndido partido, acabaron empatando a dous goles, con tantos de Iago Aspas, pero non puideron achegarse a unha … Continuación

García Cota explica a situación dos lesionados Fontàs e Nolito

  O Doutor García Cota, xefe dos servizos médicos do RC Celta, compareceu esta mañá na sala de prensa da Madroa para valorar a situación das lesións de Nolito e Fontàs.   O galeno celeste explicou que, aínda que a evolución de Nolito era e é moi boa, observou que o xogador mantiña "unha lixeira … Continuación

Excesivo castigo para o Celta no Camp Nou

  O Celta recibiu un castigo excesivo no Camp Nou tras unha primeira parte espléndida na que Guidetti igualou o tanto inicial, de lanzamento de falta, de Messi. Na segunda metade, con dúas a un abaixo, os vigueses, sempre fieis a si mesmos, puideron empatar nun par de ocasións, pero, esgotados e condicionados polos cartóns, … Continuación

Valencia-Celta: domingo 20 de marzo ás 18:15h

  A LFP anunciou esta mañá os horarios da Xornada 30 de Primeira División. O Celta mídese ao Valencia CF en Mestalla o domingo 20 de marzo ás 18:15h.

Hugo Mallo cumpre 100 partidos en Primeira

  O capitán e canteirán celeste Hugo Mallo sumou o pasado domingo no Camp Nou o seu partido número cen en Primeira División, todos eles xogados coa camiseta do RC Celta.   O de Marín afronta este ano a súa sétima tempada no primeiro equipo, tres en Segunda División e catro en Primeira, unhas cifras … Continuación

Fontàs, operado en Suecia da súa lesión no tendón de Aquiles

  O Dr. García Cota, xefe dos servizos médicos do RC Celta, compareceu esta mañá na sala de prensa da Madroa para explicar a situación dos lesionados Fontàs e Nolito. Mentres o andaluz xa traballa con normalidade co grupo e podería recibir o alta médica este mesmo venres, Fontàs foi intervido da súa lesión no … Continuación

Nolito recibe a alta médica e podería reaparecer ante o Eibar

  O dianteiro celeste Nolito recibiu este venres a alta médica. O futbolista andaluz adestrou con normalidade co resto do grupo e podería reaparecer este mesmo sábado en Balaídos ante o Eibar. Nolito sufriu unha rotura fibrilar do tendón do recto anterior que lle mantivo dous meses fóra dos terreos de xogo.