O RC Celta da a benvida ao Manchester United e a UEFA

O restaurante Los Abetos, situado en Nigrán, acolleu esta mañá o acto de recepción do RC Celta ao Manchester United, autoridades locais e responsables de UEFA con motivo da celebración da ida de semifinais da Europa League en Balaídos. Á recepción asistiron, ademais do presidente celeste e o alcalde, o consello de administración e directores … Continuación

Bayer Leverkusen: un clásico do fútbol europeo na pretempada do Celta

  O Celta suma un novo partido de preparación á súa programación de pretemporada. Un clásico do fútbol alemán, o Bayer Leverkusen, recibirá aos celestes no BayArena o sábado 5 de agosto ás 14:00 horas. O club vigués desprazarase a Alemaña tras finalizar o seu 'stage' de pretemporada en Inglaterra, onde se medirá ao Brentford … Continuación

A España Sub-21 de Jonny e Rubén clasifícase a semis do Europeo

  A Selección Española Sub-21 clasificouse ás semifinais do Campionato Europeo cunha vitoria 1-3 ante Portugal na segunda xornada da fase de grupos. Fíxoo ademais cun xogador celeste no once titular, Jonny, quen disputou o partido completo.   Este triunfo, xunto ao cultivado ante Macedonia no primeiro encontro do torneo, permite ao combinado español chegar … Continuación

O Celta participará no I Trofeo Isidro Silveira

  Confírmase un novo compromiso estival na pretempada celeste. O RC Celta desprazarase a Ferrol o sábado 22 de xullo para disputar o I Trofeo Isidro Silveira (19:00 horas, A Malata), un triangular no que os vigueses se medirán ao Real Sporting e ao anfitrión, o Racing Club Ferrol.   Será a primeira edición dun … Continuación

Resumo de internacionais celestes

ALEMAÑA 1-1 CHILE Pablo 'Tucu' Hernández e Marcelo Díaz foron titulares no empate de Chile ante Alemaña no segundo partido de Cópaa Confederacións. Ambos os xogadores mantivéronse no terreo de xogo ata o asubío final. A Selección Chilena afronta o seguinte choque da competición o mércores 25 de xuño ante Australia (18:00, TV: Gol).   … Continuación

Levy Madinda desvincúlase do Celta

  O RC Celta e o futbolista Levy Madinda, cedido as dúas últimas campañas no Nástic, chegaron a un acordo para a rescisión do contrato do xogador. O gabonés xa se desvinculou da entidade céltica.   O club quere expresar o seu agradecemento ao canteirán pola súa profesionalidade e actitude ao longo dos anos nos … Continuación

Maxi Gómez xa está en Vigo!

  O dianteiro uruguayo Maxi Gómez, primeira incorporación do RC Celta para a tempada 2017/18, aterrizou esta mañá no aeroporto de Peinador. O xogador será presentado ante os medios de comunicación nos próximos días. Benvido a Vigo Maxi!

Maxi Gómez sela a súa incorporación ao Celta ata 2022

  Maxi Gómez xa exerce de celeste. O dianteiro uruguaio chegou a Vigo o domingo e esta mesma mañá selou a súa incorporación ao RC Celta xunto ao presidente Carlos Mouriño na sede social do club. Maxi será celeste ata 2022.   Con tan só 20 anos de idade, Maxi Gómez (Paysandú, 1996) foi definido … Continuación

Maxi Gómez: “Prepareime para estar ao mellor nivel no Celta”

Maxi Gómez, a primeira fichaxe do RC Celta para a tempada 2017/18, presentouse este mércores no estadio de Balaídos. O atacante uruguaio levantou unha gran expectación entre os afeccionados celestes, que deron unha calorosa benvida ao futbolista. "Prepareime para estar ao mellor nivel no Celta", asegurou Maxi.   Na rolda de prensa ante os medios … Continuación

Jonny e Rubén alcanzan a final do Europeo Sub-21 con España

  A Selección Española Sub-21 avanza con firmeza cara ao seu quinto título de campión de Europa. O combinado nacional, do que forman parte os canteiráns celestes Jonny e Rubén, derrotou a Italia por 3-1 cun hattrick de Saúl. O céltico Jonny foi titular e disputou o partido completo, mentres que o porteiro Rubén estivo … Continuación