A Selección Española convoca a Aspas por terceira vez

  O seleccionador nacional Julen Lopetegui convocou a Iago Aspas por terceira vez. O canteirán regresa á selección absoluta de cara ao amigable ante Colombia (7 de xuño, Murcia) e o clasificatorio ao Mundial 2018 ante Macedonia (11 de xuño, Skopje).   O de Moaña debutou esta tempada con 'la Roja', en outubro, nun Inglaterra-España … Continuación

LIGA | Celta-R.Sociedad: listaxe de convocados

  Eduardo Berizzo convocou a 18 xogadores para o partido de Liga ante a Real Sociedad, último da tempada (domingo, 16:45, Balaídos), entre eles ao porteiro do filial Iván Villar.   A listaxe completa la forman: Sergio, Iván, Fontàs, Pape, Marcelo Díaz, Pablo Hdez., Guidetti, Iago Aspas, Sisto, Lemos, Jozabed, Hjulsager, Wass, Jonny, Sergi Gómez, … Continuación

Eduardo Berizzo non seguirá no RC Celta a próxima tempada

  Eduardo Berizzo, e o seu corpo técnico, non continuarán no Real Club celta a próxima tempada. Conclúe unha etapa de tres anos marabillosos, de continuo crecemento no aspecto deportivo, social e institucional, tres tempadas magníficas nas que se perseguiu sen desmaio un soño que non só avivou a ilusión e a esperanza, senón que … Continuación

Sergio Álvarez e Iago Aspas, gañadores ‘ex aequo’ do Premio Xogador Estrella Galicia da tempada

  Sergio Álvarez e Iago Aspas recibirán este domingo, na previa do partido de Liga ante a Real Sociedad, o trofeo Xogador Estrella Galicia da tempada. Con dous galardóns cada un, os canteiráns celestes son os xogadores que máis veces recibiron o título que Estrela Galicia entregou cada mes durante esta campaña.   Outros futbolistas … Continuación

O Celta B, a remontar en Mestalla tras caer en Barreiro (2-3)

  O Celta B afrontará cunha notable desvantaxe o partido de volta da primeira eliminatoria de ascenso a Segunda. Empezou gañando o cadro vigués, cun golazo de Mera aos 3 minutos de xogo, pero a Valencia remontou para deixar un complicado dous a tres final que obriga a unha xesta en Mestalla. Borja Igrexas anotou … Continuación

Sergio Álvarez e Iago Aspas recollen o Premio Xogador Estrella Galicia da tempada

  Sergio Álvarez e Iago Aspas recolleron este domingo, na previa do partido de Liga ante a Real Sociedad, o trofeo Xogador Estrella Galicia da tempada. Os canteiráns celestes comparten o galardón ao ser os que máis veces recibiron o galardón que a cervexeira galega entregou cada mes durante esta campaña tendo en conta os … Continuación

LIGA | O Celta empata ante a Real Sociedad no peche dunha campaña histórica (2-2)

O Celta empatou 2-2 ante a Real Sociedad nun encontro no que os donostiarras se xogaban a clasificación a Europa e que se decidiu con tres goles no últimos dez minutos de xogo. Ao termo do encontro, Balaídos rendeuse ante Eduardo Berizzo cunha sonora ovación. O técnico arxentino deixa o banco celeste tras tres tempadas … Continuación

Iago Aspas é o máximo goleador nacional de LaLiga

  Iago Aspas reivindicouse como máximo goleador nacional ante a Real Sociedad volvendo marcar. O dianteiro celeste anotou desde o punto de penalti o seu decimonoveno tanto da tempada, certificando así a que é o seu mellor rexistro goleador nunha campaña e que converte no mellor artilleiro nacional da Primeira División 2016-17.

Sergio Álvarez centenario: o canteirán cumpre 100 partidos en Primeira co Celta

O porteiro celeste Sergio Álvarez sumou ante a Real Sociedade o seu partido número 100 co Celta en Primeira División. O canteirán desenvolveu toda a súa carreira no club vigués, a cuxas categorías inferiores se incorporou con dezasete anos. Tras xogar cedido unha tempada no Racing Club Ferrol, o de Catoira regresou ao Celta e … Continuación

Maxi Gómez, impoñente goleador de presente e futuro para o RC Celta

  O RC Celta achega ao seu plantel presente e futuro coa incorporación para a tempada 2017/2018 do goleador uruguaio Maxi Gómez, quen, con 20 anos de idade, foi definido por diferentes analistas non só como o mellor xogador do Torneo Apertura de Uruguai, senón como o futbolista con maior proxección do país suramericano.   … Continuación