LIGA | Entradas dende 10 e 15 euros para recibir ao Betis

O RC Celta mantén prezos populares para os partidos de Liga en Balaídos. O equipo de Berizzo recibe este domingo ás 16:15 ao Real Betis nun partido clave para seguir aspirando a escalar posicións na recta final do campionato.    Os prezos dos billetes oscilan entre os 15 e os 40 euros para categoría ADULTO … Continuación

Beauvue forma parte do once ideal da xornada 32

  Claudio Beauvue foi incluído no 11 Ideal da xornada 32 de LaLiga Fantasy, o xogo oficial de LaLiga que cada xornada elixe aos mellores futbolistas de Primeira División. O atacante caribeño foi titular no partido ante o Granada CF que finalizou cun resultado de 0-3 a favor dos celestes e no que asinou unha … Continuación

Rossi será intervido este xoves en Dallas

Giuseppe Rossi xa está en EEUU, onde este xoves será intervido cirurxicamente da rotura do ligamento cruzado anterior da súa perna esquerda, unha lesión que o dianteiro italiano sufriu o pasado 9 de abril durante o partido de Liga ante a SD Eibar.   O Dr. Steven Singleton, galeno norteamericano que se encargou das anteriores … Continuación

UEL | Genk-Celta: listaxe de convocados

  Eduardo Berizzo convocou a todo o persoal para o histórico partido deste xoves ante o KRC Genk (21:05, Luminus Area), entre eles aos porteiros canteiráns Iván Villar e Anxo Fraga e ao lesionado Rubén Blanco. Só Rossi non formará parte da expedición céltica ao atoparse en EEUU para ser intervido este xoves da súa … Continuación

O Celta chega a Genk disposto a facer historia

  O RC Celta aterrou hoxe na cidade belga de Genk, onde este xoves ás 21:05 medirase ao equipo local nun partido de carácter histórico: se os celestes conseguen o pase a semifinais romperán o teito histórico do club en Europa. A expedición céltica chegou a Bélxica acompañada por medio milleiro de afeccionados que mañá … Continuación

Un Celta histórico clasifícase a semis da Europa League

  O Celta rompeu o seu teito histórico en competición europea ao eliminar ao Genk e clasificarse ás semifinais da UEFA Europa League. Os de Berizzo acudían ao Luminus Area cun marcador a favor de 3 a 2 e pecharon a eliminatoria empatando a uns.   Sisto foi o autor do gol céltico, no segundo … Continuación

Guidetti non pudo completar o partido ante o Genk por un proceso gripal

  John Guidetti abandonou o terreo de xogo do Luminus Arena no minuto 40. A razón non foi unha lesión, senón problemas respiratorios derivados dun proceso gripal que obrigaron ao sueco a solicitar o cambio. Claudio Beauvue ocupou o seu lugar sobre o céspede.

A cirurxía a Giuseppe Rossi realizouse satisfactoriamente

  O dianteiro celeste Giuseppe Rossi foi intervido satisfactoriamente este xoves en Dallas (EEUU). O atacante sufriu o pasado 9 de abril unha rotura do ligamento cruzado anterior da súa perna esquerda durante o partido de Liga ante a SD Eibar, lesión que lle apartará dos terreos de xogo non menos de seis meses.   … Continuación

UEL | O Manchester Utd., último obstáculo no camiño a Solna

  O RC Celta medirase ao histórico Manchester United en semifinais da UEFA Europa League, o último paso para acceder á ansiada final do torneo que este ano se celebra en Solna (Suecia). O sorteo celebrado este venres na sede da UEFA en Nyom emparellou aos celestes co conxunto inglés, un dos grandes de Europa que chega … Continuación

LIGA | Celta-Betis: listaxe de convocados

  Eduardo Berizzo convocou a 18 xogadores para o partido deste domingo ante o Real Betis (16:15, Balaídos), entre eles ao porteiro canteirán Iván Villar.   A listaxe completa fórmana: Sergio, Iván Villar, Pape, Marcelo Díaz, Radoja, Bongonda, Guidetti, Beauvue, Lemos, Jozabed, Hjulsager, Wass, Jonny, Sergi Gómez, Planas, Cabral, Señé e Roncaglia.   Son baixas … Continuación