Giuseppe Rossi, MVP da xornada 29

Giuseppe Rossi foi o gran protagonista do triunfo celeste ante a UD Las Palmas ao asinar un triplete nos 66 minutos que estivo sobre o terreo de xogo. O italiano, que protagoniza as portadas do día, foi elixido por LaLiga Fantasy, xogo oficial de LaLiga, como o futbolista máis valioso da xornada 29 (MVP).   … Continuación

Iago Aspas e o RC Celta compartirán un ilusionante futuro: será celeste ata 2022

  Inmellorable noticia para o RC Celta e a súa afección. O canteirán Iago Aspas será celeste ata o ano 2022 unha vez renovado o seu contrato co club vigués. O Celta sela desta maneira a súa vinculación co dianteiro internacional, un gran referente para a canteira e peza clave no primeiro equipo, para compartir … Continuación

LIGA | Valencia-Celta: listaxe de convocados

  Eduardo Berizzo convocou a 19 xogadores para o partido deste xoves ante o Valencia CF (21:30, Mestalla).   A lista completa fórmana: Sergio, Iván, Hugo Mallo, Fontàs, Pape, Radoja, Bongonda, Pablo Hernández, Iago Aspas, Beauvue, Jozabed, Hjulsager, Wass, Jonny, Sergi Gómez, Cabral, Señé, Roncaglia e Rossi.   Rubén, Lemos, Planas, Marcelo Díaz, Sisto e … Continuación

LIGA | Ante o Eibar entradas dende 10 y 15 euros!

Semana intensa para o RC Celta. Tras vencer á UD As Palmas en Balaídos o pasado luns e xogar este xoves en Mestalla, os celestes reciben no seu estadio á SD Eibar este domingo ás 16:15 horas. O cadro vasco é un rival directo dos vigueses na carreira por achegarse aos postos de clasificación a … Continuación

LIGA | O Celta cae en Mestalla nun disputado partido (3-2)

  O Celta caeu en Valencia nun partido moi disputado, con numerosas chegadas e cinco goles. Os vigueses adiantáronse cun cabezazo de Cabral e igualaron no tramo final do cun penalti anotado por Iago Aspas, pero encaixaron a falta de cinco minutos nunha contra.   Tras zafarse, con oficio, do dominio inicial da Valencia, o … Continuación

LIGA | O Celta recibe ao Athletic o domingo 30 de abril

  LaLiga comunicou os horarios correspondentes á xornada 35 do campionato. O Celta recibe ao Athletic Club o domingo 30 de abril ás 20:45 en Balaídos. O partido retransmitirase en directo en beIN Sports LaLiga.  

O presidente expón con sinceridade e claridade o presente e futuro do RC Celta

  Carlos Mouriño protagonizou este venres un encontro dixital no que vigueses e celtistas tiveron a oportunidade de facer chegar as súas preguntas directamente ao presidente do RC Celta. O mandatario céltico iniciou a súa intervención analizando con total transparencia a situación actual do club e o seu futuro, centrándose na realidade sobre o estadio, … Continuación

LIGA | Celta-Eibar: listaxe de convocados

  Eduardo Berizzo convocou a 18 xogadores para o partido deste domingo ante a SD Eibar (16:15, Balaídos).   A listaxe completa fórmana: Sergio, Iván, Hugo Mallo, Fontàs, Pape, Radoja, Pablo Hernández, Iago Aspas, Sisto, Beauvue, Jozabed, Hjulsager, Sergi Gómez, Planas, Cabral, Señé, Roncaglia e Rossi.   Rubén, Lemos, Marcelo Díaz e Guidetti son baixas … Continuación

Os postes e a eficacia do Eibar desarman ao Celta (0-2)

  Celta e Eibar demostraron unha eficacia antagónica. Mentres ao cadro armeiro bastoulle un puñado de achegamentos para perforar a portaría celeste dúas veces, ao Celta foille imposible anotar a pesar de asexar a área armeira durante practicamente todo o segundo tempo.   O equipo vasco, superior na primeira parte, foise ao descanso por diante … Continuación

Rossi retirouse lesionado ante o Eibar e se lle fará unha resonancia

Giuseppe Rossi retirouse lesionado do campo durante a primeira parte do partido de Liga ante o Eibar en Balaídos. O Doutor Cota, xefe dos servizos médicos do club, realizou unha exploración do xeonllo esquerdo do xogador tras o encontro: "O que máis nos asusta son as súas sensacións" - declarou o galeno celeste - "Imos … Continuación