O RC Celta foi o equipo de LaLiga que menos cartóns amarelos recibiu esta tempada

O RC Celta finalizou a presente tempada como o equipo de Laliga que menos cartóns amarelos recibiu. Os xogadores celestes viron un total de 74 cartolinas amarelas, unha media de menos de dúas por encontro. Ademáis, o RC Celta foi o cuarto conxunto de Primeira División que menos faltas cometeu durante a competición con 458, … Continuación

Escribá: “Se mantemos a unión coa afección, esta experiencia dura será positiva”

"Se logramos manter a unión coa afección, esta experiencia dura será positiva". O adestrador Fran Escribá ofrece a súa primeira entrevista tras asinar a súa renovación co RC Celta para ser o adestrador celeste polas próximas dúas tempadas.

Carlos Hugo García: “Teño moita ilusión e gañas de axudar ao míster”

O até agora director da canteira celeste, Carlos Hugo García, decidiu, da man do RC Celta, dar un cambio á súa función dentro do club. Na tempada 2019/2020 formará parte do corpo técnico do primeiro equipo como técnico asistente de Fran Escribá.

David Costas sela a súa renovación co RC Celta ata o 2022

O central David Costas seguirá sendo celeste ata 2022. O canteirán de 24 anos de idade, ao que restaba unha tempada para finalizar o seu actual contrato co RC Celta, selou esta mañá en A Sede a súa renovación por dúas campañas máis. Formado na canteira do RC Celta, Costas debutou en partido oficial co … Continuación

David Costas: “Son un rapaz de Vigo que chegou ao primeiro equipo. O soño é posible”

Primeira entrevista do central celeste David Costas tras selar a súa continuidade coma xogador do RC Celta ata 2022.

Comezan os traballos de substitución do céspede de Abanca Balaídos

O RC Celta comezou hoxe as labores de substitución do céspede do estadio de Abanca Balaídos para garantir que a próxima tempada o terreo de xogo presente unhas condicións óptimas. Xa comezaron os traballos de retirada do céspede coa máquina ‘field top maker’, que permite actuar cunha profundidade de 1,5 centímetros. Ao finalizar esta fase … Continuación

O RC Celta 2019/20 iniciará a pretempada o próximo 8 de xullo

O primeiro equipo do RC Celta, co adestrador Fran Escribá ao fronte, volverá ao traballo o próximo 8 de xullo na Madroa, tras realizar probas médicas nos días previos. Así o avanzou o presidente Carlos Mouriño no encontro cos medios de comunicación que protagonizou este venres no Salón Rexio de A Sede. O mandatario celeste … Continuación

Okay Yokuslu foi titular con Turquía na vitoria ante Grecia

O centrocampista celeste Okay Yokuslu, un xogador xa consolidado na súa selección nacional, foi titular con Turquía en partido amigable. O conxunto otomana superou á selección de Grecia (2-1) nun choque do que Yokuslu disputou os primeiros 62 minutos.

FIFA 19 inclúe a Iago Aspas no seu equipo ideal da tempada

O videoxogo FIFA19 de EA Sports incluíu a Iago Aspas no seu equipo ideal da tempada 2018/19 de LaLiga. O dianteiro comparte "vestiario dixital" con outro dezanove futbolistas, entre eles ao galego e ex xogador celeste Borja Iglesias. Un novo recoñecemento para o xenio de Moaña, que a pesar dunha lesión e a tempada complicada … Continuación

Comezan os compromisos oficiais para os internacionais do RC Celta

Ata oito xogadores do primeiro equipo foron convocados polas súas seleccións nacionais neste mes de xuño. Iago Aspas, Néstor Araujo, Okay Yokuslu, Maxi Gómez, Sofiane Boufal, Mathias Jensen, Stanislav Lobotka e Robert Mazán xogarán durante as próximas semanas os seguintes partidos oficiais: Iago Aspas (España) Islas Feroe – España (7 junio). Clasificación Eurocopa. España – … Continuación