Fran Escribá: “Calquera punto vaiche axudar a salvarche”

O adestrador do RC Celta, Fran Escribá, valorou positivamente o empate do equipo celeste ante o Leganés. "Oxalá sumásemos puntos como o de hoxe polo camiño. Dámolo por bo porque calquera punto vaiche a axudar a salvarche", apuntou o técnico. Sobre o encontro, o preparador valenciano comentou que o seu equipo foi en busca da … Continuación

Resumo | Leganés v RC Celta

O RC Celta somou un punto en Butarque ante o CD Leganés nun partido sen apenas ocasións e que rematou co marcador a ceros.

O RC Celta xa coñece o horario da súa visita a San Mamés

LaLiga comunicou os horarios correspondentes á xornada 37 de LaLiga, na que o RC Celta enfrentarase ao Athletic Club. Os celestes visitarán San Mamés o domingo 12 de maio ás 18:30 horas e beIN Sports LaLiga retransmitirá o encontro en directo.

Hugo Mallo recibe a alta e a lesión ósea de Iago Aspas descartouse

Boas noticias no parte médico do primeiro equipo. Hugo Mallo, que sufriu un traumatismo no pé dereito durante o partido de Liga ante o Leganés, recibiu a alta médica tras completar con total normalidade o adestramento co grupo. O capitán celeste ha recibido a alta médica e poderá participar no choque deste sábado ante o … Continuación

Brais Méndez: “Xogar na casa benefícianos, a forza da afección é moi importante”

O centrocampista celeste atende aos medios a poucos días do partido de Liga ante o FC Barcelona (sábado, 20:45, Abanca Balaídos).

A ‘maxia’ de ‘A Nosa Reconquista’ regresa a ABANCA Balaídos na ‘final’ do sábado

A melloría do equipo, da man dunha afección envorcada, incansable e entusiasta, foi notable nas últimas xornadas, pero a competición impón que 'A Nosa Reconquista' debe continuar co mesmo ou maior ímpeto. O RC Celta recibe este sábado ao FC Barcelona (20.45 horas) cunha angustiosa situación para os equipos involucrados na loita pola permanencia. Os … Continuación

Iago Aspas e David Juncà reciben a alta médica

O adestramento desta mañá na Madroa concluíu con espléndidas noticias. Tanto Iago Aspas como David Juncà recibiron a alta médica, polo que ambos estarán dispoñibles para a ‘final’ do sábado ante o FC Barcelona. No parte continúa Emre Mor, quen realizou adestramento co grupo.

Boufal: “Polo club e a afección, temos que xogar ao cen por cen”

Sofiane Boufal fala con Celta Media na previa do importante partido de Liga ante o FC Barcelona (sábado, 20:45 CET, Abanca Balaídos).

Seguen á venda en ABANCA Balaídos e online as entradas para a ‘final’ ante o Barça

Seguen á venda as entradas para o partido deste sábado ante o FC Barcelona, unha auténtica final para o equipo celeste na súa encarnizada loita pola permanencia. Os billetes están dispoñibles tanto nas billeteiras do estadio en horario de luns a venres de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas e o día … Continuación

Este venres ábrese a reserva de entradas para San Mamés

O RC Celta afronta a próxima semana ante o Athletic Club o seu último partido a domicilio da tempada. O apoio da afección, tal e como ocorreu nos últimos desprazamentos do equipo celeste, será crucial para alcanzar o obxectivo da salvación. Mañá venres 3 de maio ás 11.00 horas en https://ticketsabonados.rccelta.es/  ábrese a reserva de localidades … Continuación