O centenario do RC Celta terá un estandarte da canteira: Iago Aspas

Se había unha noticia esperada, desexada... simplemente marabillosa era a continuidade, fóra de toda dúbida, do canteirán que se erixiu en referencia goleadora do fútbol español nos últimos anos. Esa noticia chegou. Iago Aspas será celeste ata o centenario do club. O dianteiro e o RC Celta pecharon hoxe a renovación do seu contrato e … Continuación

Rubén Blanco: “Puntuar nos próximos tres partidos será determinante”

O porteiro Rubén Blanco atende aos medios de comunicación na sala de prensa antes do importante partido de Liga ante o Girona (sábado, 13:00, Abanca Balaídos).

Rubén Blanco recibe o premio Xogador Estrella Galicia de marzo

Este mércores entregouse en A Madroa o premio ao Xogador Estrella Galicia do mes de marzo, que nesta ocasión recaeu no porteiro do RC Celta Rubén Blanco. O gardameta celeste obtivo o 75% dos votos emitidos pola afección celtista a través das redes sociais do club, seguido por Stanislav Lobotka cun 15% dos votos e … Continuación

Iago Aspas: “Este é o meu club, estou na miña casa”

O dianteiro celeste Iago Aspas fala en exclusiva con Celta Media tras selar a súa renovación co RC Celta ata 2023, ano do centenario do club vigués.

Chocolatada, recibimento e bandeiras no episodio máis decisivo de ‘A Nosa Reconquista’

A unión entre equipo e afección demostrou a súa forza en incontables ocasións. Sempre con maior intensidade cando máis alto era o obstáculo, sempre con maior firmeza cando máis difícil era o reto. O RC Celta afronta este sábado un novo capítulo de 'A Nosa Reconquista', o terceiro en ABANCA Balaídos, o máis determinante de … Continuación

Fran Escribá. “O do Girona é un partido importantísimo”

Renovación de Iago Aspas: fantástica noticia para o club, para o corpo técnico e plantel e para toda a afección. Girona: é un partido importantísimo pero temos claro que ocorra o que ocorra non será definitivo. Entramos nunha semana con tres encontros e confiamos en facer un bo partido na casa. Perigo: a maioría de … Continuación

RC Celta – Girona: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Fran Escribá, convocou a vinte xogadores para o partido da trixésimo terceira xornada de LaLiga, na que o RC Celta recibe ao Girona (sábado, 13:00, ABANCA Balaídos). A lista completa fórmana: Sergio, Hugo Mallo, Costas, Araújo, Okay Yokuslu, Fran Beltrán, Maxi Gómez, Iago Aspas, Pione Sisto, Hoedt, Rubén, Lobotka, Olaza, … Continuación

O RC Celta fai un fortín de ABANCA Balaídos (2-1)

O RC Celta sumou unha nova vitoria en ABANCA Balaídos (2-1) ante o Girona que lle permite escalar posicións na clasificación e afastarse dos postos de descenso. Iago Aspas e Boufal foron os goleadores nun partido importantísimo ante un rival directo. O equipo de Fran Escribá dominou de principio a fin a primeira metade. Súas … Continuación

Resumo | RC Celta v Girona FC

Nova vitoria celeste en Abanca Balaídos ante o Xirona, rival directo pola permanencia. Iago Aspas e un sobresaliente Sofiane Boufal anotaron os goles do triunfo vigués (2-1). A afección celtista, de novo inconmensurable.

Boufal forma parte do once ideal da xornada da Liga Fantasy

A brillante actuación de Sofiane Boufal o pasado sábado ante o Girona en ABANCA Balaídos, onde anotou un gol e repartiu unha asistencia a Iago Aspas, non pasou desapercibida. O extremo marroquí logrou entrar no mellor once da xornada da Liga Fantasy. É a segunda vez que Boufal cóase no mellor equipo da semana despois de … Continuación