Fran Beltrán supera o terceiro corte de Fútbol Draft 2019

O terceiro Comité Técnico de Fútbol Draft, iniciativa que recoñece aos mellores xogadores de entre 16 e 20 anos formados no fútbol español, reuniuse esta semana na Cidade do Fútbol de Las Rozas para realizar o seu terceiro corte entre os 132 futbolistas seleccionados inicialmente. O xogador do RC Celta Fran Beltrán atópase entre os … Continuación

Recibimento e camisetas de ‘A Nosa Reconquista’ nun partido vital

O extraordinario ambiente do pasado sábado no estadio de ABANCA Balaídos, o empuxe da afección desde o recibimiento ata o pitido final, foron determinantes nunha vitoria trascendental, nunha épica remontada que impulsou ao equipo na súa pelexa pola salvación. Este domingo ás 18.30 horas, o RC Celta volve afrontar un encontro decisivo ante a Real … Continuación

Brais Méndez, entre tres e catro semanas de baixa

A ecografía realizada polos servizos médicos do club ao centrocampista Brais Méndez confirmou o diagnóstico inicial e desvela que o canteirán sofre unha rotura fibrilar no seu biceps femoral esquerdo, lesión que se produciu o pasado mércores no Alcoraz na primeira metade do choque ante o Huesca. Os servizos médicos celestes establecen para o futbolista … Continuación

Fran Escribá: “Estou convencido de que a afección vai estar co equipo”

Estado físico do equipo: están todos ben salvou Juncà e Brais. Diría mesmo que non están nin moi cansos e van chegar frescos. Iago tivo unha sobrecarga por cansazo. Substituto de Brais: teño claros os cambios pero non quero dar pistas. Brais estaba a ser importante e agora estaremos algunhas semanas sen el. Equipo: cando … Continuación

RC Celta – Real Sociedad: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Fran Escribá, convocou a vinteún xogadores para o partido da trixésimo primeira xornada de LaLiga, na que o RC Celta recibe á Real Sociedad (domingo, 18:30, ABANCA Balaídos). A listaxe completa fórmana: Sergio, Hugo Mallo, Costas, Araújo, Okay Yokuslu, Emre Mor, Fran Beltrán, Maxi Gómez, Iago Aspas, Pione Sisto, Hoedt, … Continuación

O RC Celta abónase ás remontadas en ABANCA Balaídos (3-1)

O RC Celta impúxose este domingo (3-1) á Real Sociedade nun partido en que chegou ao descanso por detrás no marcador. Dous goles de Iago Aspas e outro de Maxi Gómez na segunda metade deron aire ao conxunto celeste, que logra saír dos postos de descenso. A primeira parte estivo marcada pola igualdade entre ambos … Continuación

Resumo | RC Celta v Real Sociedad

O RC Celta protagonizou unha nova remontada épica, pivotada de novo nun Iago Aspas descomunal e unha afección celeste entregada ao máximo. A Real Sociedade adiantouse cun gol de Willian José, pero o conxunto de Escrbiá deu a volta ao marcador con outro dobrete de Aspas e un tanto de Maxi Gómez (3-1).

Iago Aspas álzase co MVP da xornada da Liga Fantasy

Iago Aspas segue acumulando eloxios e recoñecementos partido tras partido. A súa brillante actuación do domingo ante a Real Sociedad, onde anotou dous goles que permitiron ao RC Celta darlle a volta a un marcador adverso, servíronlle para entrar no mellor XI da xornada de LaLigaFantasy. Ademais, o canteirán celeste alzouse co MVP da semana. … Continuación

Boudebouz responde o test de Celta Media

Coñece o lado máis persoal de Ryad Boudebouz co test de Celta Media. O seu ídolo de infancia, o seu lugar favorito de Vigo, o compañeiro co que máis se ri... Descobre as súas respostas!

Lucas Olaza: “O celtismo está a darnos unha motivación extra”

O lateral zurdo Lucas Olaza, titular nos últimos partidos do RC Celta, valora ante os medios as últimas semanas de competición, o apoio do celtismo e as claves do próximo partido ante o Atlético.