Fran Escribá: “Nunca vivira unha vitoria coma esta”

O adestrador do RC Celta, Fran Escribá, compareceu na sala de prensa de Abanca Balaídos tras a remontada do equipo ante o Vilarreal (3-2), un choque no que a comuñón entre equipo e afección foi total desde moito antes do asubío inicial. "Nunca vivira unha vitoria coma esta", asegurou o técnico celeste.

Lucas Olaza debutou co primeiro equipo

O lateral zurdo Lucas Olaza debutou co primeiro equipo vigués. O charrúa, que xa defendera a celeste durante a 15/16 co Celta B, viviu a súa estrea ante o Villarreal e estivo á altura da transcendencia do encontro. No oitenta e sete minutos que disputou, Olaza deixou moi boas sensacións, ademais dunha fantástica asistencia no … Continuación

Iago Aspas celebrou 300 partidos co RC Celta

Iago Aspas celebrou ao grande, cunha actuación lendaria, o seu partido oficial número 300 co RC Celta. O de Moaña regresaba aos terreos de xogo despois de tres meses lesionado e a súa volta ao verde non podía ser máis espectacular. Cun 0-2 ao descanso, o dianteiro galego botouse ao equipo ás costas e, coa … Continuación

SD Huesca – RC Celta: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Fran Escribá, convocou a dezanove xogadores para o partido da trixésima xornada de LaLiga, na que o RC Celta visita á SD Huesca (mércores, 20:30, Alcoraz). A listaxe completa fórmana: Sergio, Hugo Mallo, Costas, Okay Yokuslu, Emre Mor, Fran Beltrán, Maxi Gómez, Iago Aspas, Hoedt, Rubén, Lobotka, Olaza, Boufal, Kevin, … Continuación

Fran Escribá: “O de Huesca é un partido moi importante”

Estado de ánimo: Gozamos da euforia da afección, con moita alegría. Analizamos o que fixemos ben e mal o pasado sábado ante un rival moi intenso. Lista: non hai lista. Están todos dispoñibles todos salvo Juncà . Rotacións: posiblemente poida haber cambios porque todos están a adestrar ben e o rival é distinto. Olaza: acusou o … Continuación

O RC Celta empata un partido tolo en Huesca (3-3)

RC Celta e SD Huesca empataron (3-3) un partido no que os de Fran Escribá salvarón un punto a dez minutos do final despois de adiantarse no marcador e ver como o equipo azulgrana dáballe a volta na segunda metade. O partido comezou de maneira moi positiva para o equipo celeste, que se adiantou no … Continuación

Fran Escribá: “O equipo baleirouse e empatou un partido moi difícil”

O adestrador do RC Celta, Fran Escribá, destacou o punto conseguido en Huesca como "valioso" despois de empatar a dez minutos do final. "O outro día gañamos un partido ao límite. Hoxe case ocorre o contrario. Aínda que o punto pareza pouco, os puntos da salvación sácanse en calquera campo", sinalou. O preparador celeste enxalzou o … Continuación

Brais Méndez sofre unha lesión muscular no bíceps femoral esquerdo

Malas noticias para o RC Celta. Brais Méndez tívose que retirar ao cuarto de hora do partido ante a SD Huesca debido a unha lesión muscular. O canteirán e goleador no Alcoraz sofre unha probable rotura fibrilar no bíceps femoral esquerdo. Nos próximos días realizaránselle probas para coñecer o alcance exacto da lesión.

Resumo | SD Huesca v RC Celta

Partido intenso e aloucado no que o RC Celta logrou gozar dunha vantaxe de 0-2, con goles de Brais Méndez e Iago Aspas, pero que o Huesca foi capaz de dar a volta a falta de vinte minutos para o asubío final. Un gol de Boudebouz 'in extremis' permite aos celestes sumar un punto que … Continuación

Iago Aspas entra no “Equipo da Semana” de EA Sports

A volta de Iago Aspas aos terreos de xogo continúa acaparando recoñecementos. O dianteiro celeste foi incluído esta semana no "Equipo da Semana" do videoxogo FIFA19 de EA Sports tras a súa fantástica actuación en ABANCA Balaídos o pasado sábado, cando anotou dous goles esenciais que permitiron ao RC Celta imporse ante o Villarreal.