Resumo do partido da viséxima oitava xornada da Liga, na que o RC Celta caeu derrotado no Santiago Bernabéu ante o Real Madrid (2-0). Isco e Bale marcaron os tantos do cadro madrileño.
Ata seis xogadores do RC Celta foron convocados polas súas respectivas seleccións de cara ao parón internacional do mes de marzo. Okay Yokuslu, Stanislav Lobotka, Néstor Araújo, Sofiane Boufal, Maxi Gómez e Mathías Jensen xa están concentrados cos seus combinados nacionais. Calendario: Maxi Gómez Uruguai - Uzbequistán (China): 22/03/2019. Amigable Terceiro e cuarto posto ou final … Continuación
O lateral David Juncà permanecerá ao redor de tres semanas de baixa debido a unha rotura fibrilar de grao 1 no aductor medio da súa coxa dereita. O defensor celeste lesionouse durante o encontro ante o Real Madrid o pasado fin de semana. Doutra banda, o dianteiro Iago Aspas foi sometido onte a novas probas que … Continuación
O xogador do RC Celta, Mathías Jensen, desmente totalmente as informacións publicadas hoxe no tabloide danés BT sobre a súa estancia no equipo celeste. O centrocampista danés nega realizar as declaracións que sinala o citado medio durante a concentración coa selección Sub-21 de Dinamarca. O xogador, molesto e preocupado con esta información, foi quen se puxo … Continuación
O RC Celta visita o estadio Metropolitano o sábado 13 de abril ás 18:30 horas para disputar a trixesimosegunda xornada de LaLiga ante o Atlético de Madrid. Os abonados que estean interesados en asistir a este encontro xa poden reservar a súa entrada (ata esgotar existencias) presentando o seu carné nas billeteiras do RC Celta en ABANCA Balaídos. O custo da entrada é de 50€ e a reserva está … Continuación
O canteirán Kevin Vázquez comparece na sala de prensa da Madroa, analiza o partido no Bernabéu e fala sobre a importancia do próximo choque ante o Villarreal e o papel determinante da afección.
Os afeccionados do RC Celta envorcáronse co primeiro equipo de cara ao transcendental partido do próximo sábado ante o Villarreal e esgotaron todas as entradas e invitacións dispoñibles. Para este encontro, cada abonado do club podía retirar unha invitación gratuíta e, ademais, puxéronse á venda boletos cun prezo reducido. A maiores, o club liberou o … Continuación
LaLiga comunicou os horarios correspondentes ás xornadas 33 e 34 de LaLiga, na que o RC Celta enfrontarase a Girona e Espanyol respectivamente. Os celestes recibirán ao conxunto branquivermello o sábado 20 de abril ás 13:00 horas e visitarán ao equipo barcelonés o mércores 24 de abril ás 20.30 horas. BeIN Sports LaLiga retransmitirá os encontros en directo.
O seis xogadores do RC Celta concentrados coas súas seleccións xa disputaron todos os partidos internacionais correspondentes ao parón internacional do mes de marzo. Maxi Gómez Uruguai 3-0 Uzbequistán (China): 22/03/2019. Amigable. Disputou 7 minutos. Uruguai 4-0 Taliandia (China) 25/03/2019. Amigable. Disputou 28 minutos e anotou o seu primeiro gol coa selección charrúa. Okay Yokuslu … Continuación