Fran Escribá, novo adestrador do RC Celta

O técnico Fran Escribá é o novo adestrador do RC Celta unha vez pechado o acordo entre o club e o preparador valenciano. Escriba, que chega a Vigo acompañado polo seu corpo técnico, comezou a súa carreira nos banquillos como segundo adestrador en equipos de renome como Getafe CF, Valencia CF, SL Benfica e Atlético … Continuación

Entradas desde 10 euros para o vital partido ante o Betis

O RC Celta afronta este domingo un partido de gran importancia ante o Real Betis no que os celestes necesitan conseguir o tres puntos para superar a mala racha de resultados e escalar posicións na clasificación. Para poder logralo será necesario o apoio da afección, que para este encontro dispón de entradas a partir de … Continuación

Fran Escribá: «Este é un proxecto e un reto ideais para min»

O RC Celta presentou este luns no Salón Regio de A Sede ao novo adestrador do primeiro equipo, Fran Escribá, que compareceu por primeira vez ante os medios como técnico celeste acompañado polo presidente Carlos Mouriño e o director deportivo Felipe Miñambres. Escribá, que dirixirá este martes ás 10:30 a súa primeira sesión (A Madroa, … Continuación

O RC Celta xa coñece os horarios do seus partido ante Villarreal, Huesca e Real Sociedad

LaLiga comunicou os horarios correspondentes ás xornadas 29, 30 e 31 de LaLiga, na que o RC  Celta enfrontarase a Villarreal, Huesca e Real Sociedad. Os celestes recibirán ao conxunto castellonense o sábado 30 de marzo ás 18:30 horas, visitarán ao equipo aragonés o mércores 3 de abril ás 20.30 horas e recibirán ao conxunto donostiarra o domingo 7 de abril … Continuación

O corpo técnico do RC Celta traballa ao completo en A Madroa

O novo corpo técnico do RC Celta traballou por segundo día en A Madroa. Os exjugadores celetes Borja Oubiña e Mario Bermejo estiveron de novo xunto ao equipo de traballo de Fran Escribá, que aínda ten tres adestramentos por diante antes de debutar en partido oficial este domingo en ABANCA Balaídos ante o Real Betis … Continuación

Hugo Mallo: «Imos loitar ata o final».

O capitán celeste Hugo Mallo compareceu na sala de prensa antes do importante partido de Liga ante o Real Betis (domingo 10 de marzo, 12:00 CET, Abanca Balaídos).

O RC Celta repartirá 20.000 aplaudidores para animar ao primeiro equipo

O RC Celta repartirá este domingo 20.000 aplaudidores nas portas de ABANCA Balaídos antes do partido entre o conxunto celeste e o Real Betis co obxectivo de que o primeiro equipo senta a calor da súa afección desde o quecemento previo ao encontro. Os siareiros poderán recollelos ao pasar os tornos de cada porta.

RC Celta – Real Betis: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Fran Escribá, convocou a dezaoito xogadores para o partido da vixésimo séptima xornada de LaLiga, na que o RC Celta recibe al Real Betis (domingo, 12:00, ABANCA Balaídos). A listaxe completa fórmana: Sergio, Hugo Mallo, Costas, Araujo, Okay Yokuslu, Fran Beltrán, Maxi Gómez, Pione Sisto, Hoedt, Rubén, Lobotka, Juncà, Jensen, … Continuación

Fran Escribá: “Estou convencido de que a afección vai estar connosco”

Convocatoria: Sergio, Hugo Mallo, Costas, Araujo, Okay Yokuslu, Fran Beltrán, Maxi Gómez, Pione Sisto, Hoedt, Rubén, Lobotka, Juncà, Jensen, Boufal, Jozabed, Brais Méndez, Boudebouz e Apeh. Sensacións: vin un grupo alegre, unido e convencido de que van sacar isto adiante. Son conscientes de que se cometeron erros polo camiño pero as sensacións foron moi positivas. … Continuación

O RC Celta non pode co Betis (0-1)

O RC Celta perdeu este domingo en ABANCA Balaídos (0-1) despois dun gol de Jesé nos últimos compases do partido. O cadro de Fran Escribá gozou de ocasións durante todo o encontro pero non conseguiu bater a meta visitante. A primeira metade estivo marcada pola igualdade. O Real Betis fíxose coa posesión de balón e … Continuación