Rubén Blanco entra no once ideal da xornada de LaLiga Fantasy

A gran actuación de Rubén Blanco o pasado sábado ante o Alavés foi premiada por LaLiga. O gardameta do RC Celta entrou no mellor once da xornada da liga Fantasy, o xogo oficial de LaLiga que cada semana elixe aos mellores futbolistas de Primeira División. O canteirán celeste atravesa un gran momento de forma e en xaneiro … Continuación

Lobotka responde o test de Celta Media!

O seu apodo no vestiario? Cal é a súa serie favorita? Cociña ben? Descubre o lado máis persoal de Stanislav Lobotka co test de Celta Media!

Araujo: «Sabemos o que nos estamos a xogar e imos dar o mellor de nós»

O internacional mexicano Néstor Araujo atende aos medios de comunicación días antes do partido de Liga en Ipurua ante a SD Eibar (domingo, 12:00 CET, beIN Sports LaLiga).

SD Eibar – RC Celta: plan de viaxe

O primeiro equipo desprázase a Eibar para disputar a vixésimo sexta xornada de LaLiga ante a SD Eibar o domingo 3 de marzo ás 12:00 horas no Estadio Municipal de Ipurúa (beIN Sports LaLiga). Sábado 2 de marzo 18:30 – Saída do aeroporto de Vigo con destino Bilbao. 19:25 – Chegada ao aeroporto de Bilbao … Continuación

Jensen: «A lesión foi dura mentalmente, pero esforceime día tras día»

Mathias Jensen foi titular no último partido de Liga ante o Alavés. O centrocampista danés fala con Celta Media sobre a súa lesión, as súas sensacións no campo e o próximo rival do cadro vigués: a SD Eibar.

SD Eibar – RC Celta: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Miguel Cardoso, convocou a dezaoito xogadores para o partido da vixésimo sexta xornada de LaLiga, na que o RC Celta visita á SD Eibar (domingo, 12:00, Ipurúa). A listaxe completa fórmana: Sergio, Hugo Mallo, Costas, Araujo, Okay Yokuslu, Fran Beltrán, Maxi Gómez, Hoedt, Rubén, Lobotka, Hjulsager Juncà, Jensen, Boufal, Jozabed, … Continuación

Cardoso: «Cada partido debe ser o máis importante das nosas vidas»

O adestrador do primeiro equipo, Miguel Cardoso, comparece na sala de prensa antes do partido de LaLiga en Ipurua ante a SD Eibar (domingo, 12:00 CET, beIN Sports LaLiga).

O RC Celta cae ante a SD Eibar no tramo final (1-0)

O RC Celta caeu coa SD Eibar (1-0) merced a un gol de Sergi Enrich no tramo final. Os celestes tiveron dúas ocasións moi claras na primeira metade que non puideron transformar e terminaron perdendo nos últimos minutos do encontro. A primeira metade estivo marcada polos constantes centros á área lanzados por unha SD Eibar … Continuación

Miguel Cardoso: “Sufrir un gol no tramo final penaliza moito”

O adestrador Miguel Cardoso lamentou o gol da SD Eibar no tramo final que impediu ao RC Celta sumar un punto a domicilio. "Sufrir un gol no tramo final penalízache moito", apuntou o portugués, que destacou o partido do rival. "Hai que darlle mérito á SD Eibar".

O adestrador Miguel Cardoso non seguirá no RC Celta

Miguel Cardoso e o seu corpo técnico non continuarán no RC Celta unha vez acordada a súa desvinculación da entidade. O Real Club Celta quere expresarlle o seu agradecemento, tanto ao adestrador luso como aos seus axudantes Jorge Maciel, Antonio Calado, Nuno Baptista e Francisco Costa pola profesionalidade, dedicación e esforzo que demostraron durante a … Continuación