David Costas recibe a alta médica

Boas noticias na enfermería do RC Celta. O defensa David Costas, lesionado o pasado 5 de xaneiro durante un adestramento en A Madroa, recibiu este venres a alta médica tras completar a sesión co grupo. O canteirán celeste estará a disposición do adestrador Miguel Cardoso para o vital partido contra a Sevilla FC. No parte … Continuación

RC Celta – Sevilla FC: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Miguel Cardoso, convocou a dezaoito xogadores para o partido da vixésimo segunda xornada de LaLiga, naa que o RC Celta recibe ao Sevilla FC (sábado, 20:45, ABANCA Balaídos). A listaxe completa fórmana: Sergio, Hugo Mallo, Costas, Araujo, Okay, Fran Beltrán, Maxi Gómez, Pione Sisto, Rubén, Lobotka, Juncà, Boufal, Kevin, Jozabed, … Continuación

Miguel Cardoso: «Teño a certeza de que imos competir moi ben»

Convocatoria: non están Iván Villar, Radoja, Emre Mor, Olaza, Jensen, Iago Aspas, Hoedt e Hjulsager. Palabras do presidente: escoito con atención a actualidade do club, pero creo que o importante é que estamos moi unidos. Fixemos unha semana moi boa de adestramentos. O final do mercado tamén nos dá tranquilidade para o futuro. Equipo: creo moito nos … Continuación

O RC Celta repartirá case 500 bandeiras para recibir ao primeiro equipo

O RC Celta repartirá este sábado preto de 500 bandeiras na tenda de ABANCA Balaídos de cara ao recibimento organizado pola Federación de Peñas do RC Celta para o primeiro equipo. Os afeccionados poderán recollelas entre as 17.00 e as 19.00 horas presentando o seu abono ou entrada correspondente. As enseñas, conmemorativas do 95 aniversario … Continuación

Match Centre | RC Celta v Sevilla FC

  var widgetRF_1549129928638=new pym.Parent(“WidgetRF_match_detail_1549129928638″,”https://es.besoccer.com/scripts/widgets?type=match_nav&match=103844&season=2019&tabs=1&style=celtavigo”,{});

Sacrificio e puntería para vencer ao Sevilla FC (1-0)

O RC Celta conseguiu unha importantísima vitoria ante o Sevilla FC (1-0) grazas un gol de Okay Yokuslu. Os de Miguel Cardoso realizaron un notable partido en defensa e aproveitaron unha das escasas ocasións que concederon os andaluces para deixar o tres puntos en ABANCA Balaídos. A primeira metade estivo marcada pola igualdade entre ambos … Continuación

Miguel Cardoso: «O equipo mandou unha mensaxe moi forte de unión»

O adestrador do RC Celta, Miguel Cardoso, mostrou a súa satisfacción polo triunfo ante o Sevilla FC: "Estou contento pola vitoria, polos rapaces, polo club e pola afección. Hoxe demos un berro porque cremos en nós mesmos. Quero acordarme da afección e dicirlles que crean neste equipo. Hai que mirar cara adiante e que o … Continuación

Resumo | RC Celta v Sevilla FC

O RC Celta conseguiu unha importantísima vitoria ante o Sevilla FC (1-0) grazas un gol de Okay Yokuslu. Os de Miguel Cardoso realizaron un notable partido en defensa e aproveitaron unha das escasas ocasións que concederon os andaluces para deixar o tres puntos en ABANCA Balaídos.

O RC Celta xa coñece o horario do seu partido ante o Alavés

LaLiga comunicou os horarios correspondentes á xornada 25 de LaLiga, na que o RC Celta enfrentarase ao Deportivo Alavés. Os celestes visitarán ao equipo vitoriano o sábado 23 de febreiro ás 18:30 horas e beIN Sports LaLiga retransmitirá o encontro en directo.

Okay Yokuslu entra no once ideal da xornada de LaLiga Fantasy

A notable actuación de Okay Yokuslu o pasado sábado ante o Sevilla foi recoñecida por LaLiga. O centrocampista turco, que anotou o único gol do partido co que o RC Celta derrotou ao equipo andaluz, entrou no mellor once da xornada da liga Fantasy, o xogo oficial de LaLiga que cada semana elixe aos mellores futbolistas de … Continuación