Rubén Blanco alcanza os 50 partidos en Primeira División co RC Celta

O porteiro do RC Celta, Rubén Blanco, alcanzou este venres ante o Rayo Vallecano os 50 partidos en Primeira División co conxunto celeste. O de Mos debutou na máxima categoría en Valladolid hai máis de cinco anos, cando apenas tiña 17 anos de idade, e contribuíu entonces nos dous últimos partidos de LaLiga a que … Continuación

Resumo | Rayo Vallecano – RC Celta

O RC Celta caeu derrotado en Vallecas 4-2. Néstor Araujo e Maxi Gómez marcaron os goles celestes. O rayista De Tomás marcou un hattrick e Bebe pechou a conta goleadora do Rayo Vallecano.

Entradas desde 10 euros para o crucial partido ante o Valencia

O RC Celta afronta este sábado un partido de gran importancia e dificultade ante o Valencia no que os celestes necesitan gañar para superar a súa actual mala racha e escalar posicións na táboa. Para recuperar confianza e sensacións e remontar o voo, os célticos precisan o alento da súa afección que para este encontro … Continuación

Así se recupera o lesionado Juan Hernández na Clínica RC Celta

Esfuerzo, constancia, motivación. Juan Hernández trabaja duro en A Madroa y en la Clínica RC Celta para volver pronto y más fuerte. ¿Quieres acceder a la atención médica de los profesionales que cuidan de nuestros jugadores? La Clínica RC Celta de A Sede te la ofrece. Reserva tu cita en el 886.160.955.

Hugo Mallo: «É momento de falar no campo»

O capitán celeste fala cos medios de comunicación antes do partido de LaLiga co Valencia CF (sábado, 20:45, Abanca Balaídos).

Néstor Araujo: «O celtismo danos un plus na casa»

Celta Media entrevista ao central mexicano Néstor Araujo antes do partido de LaLiga ante o Valencia CF (sábado, 20:45, Abanca Balaídos).

O RC Celta xa coñece o horario do seu partido ante o Sevilla FC

LaLiga comunicou os horarios correspondentes á xornada 22 de LaLiga, na que o RC Celta enfrentarase ao Sevilla FC. Os celestes recibirán ao equipo andaluz en ABANCA Balaídos o domingo 3 de febreiro ás 18:30 horas e beIN Sports LaLiga retransmitirá o encpntro en directo.

Okay, baixa por lesión para o partido ante o Valencia

O centrocampista celeste Okay Yokuslu non poderá participar no partido de LaLiga deste sábado ante a Valencia CF (20:45, Abanca Balaídos). O internacional turco sofre un traumatismo no segundo dedo do pé dereito e, aínda que non existen fracturas, o xogador mantén unha dor que lle limita nos apoios e o golpeo de balón.

RC Celta – Valencia CF: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Miguel Cardoso, convocou a dezanove xogadores para o partido da vixésima xornada de LaLiga, na que o RC Celta recibe ao Valencia CF (sábado, 20:45, Abanca Balaídos). A listaxe completa fórmana Sergio, Hugo Mallo, Araujo, Emre Mor, Fran Beltrán, Maxi Gómez, Pione Sisto, Rubén, Lobotka, Hjulsager, Juncà, Jensen, Boufal, Kevin, … Continuación

Miguel Cardoso: «Temos ganas e condicións para facelo ben»

Lista: van 19 xogadores. Baixa de Okay: é un xogador que xogou nos últimos partidos, pero é unha posición para a que temos alternativas. Fixemos unha semana moi boa de traballo. Posición de Beltrán: no centro do campo temos moita competencia. Lobotka, Jensen, Jozabed e Fran están dispoñibles e dannos confianza. Mesmo Brais pode xogar … Continuación