Lobotka cumpriu 50 partidos en Primeira División co RC Celta

O centrocampista Stanislav Lobotka cumpriu este luns 50 partidos en Primeira División co RC Celta. O mediocentro eslovaco disputou todos os encontros do campionato doméstico a pasada tempada, e na actual xa acumula doce participacións. O seu alto nivel coa camiseta celeste levoulle a ser unha peza fundamental na súa selección nacional.

O defensa David Costas, ao redor de seis semanas de baixa

Malas noticias para o RC Celta. O defensa David Costas permanecerá unhas seis semanas de baixa debido a unha rotura fibrilar no recto anterior da súa coxa dereita. A ecografía realizada onte polos servizos médicos do club confirmou o primeiro diagnóstico. O xogador celeste xa se atopa baixo tratamento.

Plan de viaxe: Rayo Vallecano – RC Celta

O primeiro equipo desprázase este xoves a Madrid para xogar a decimonovena xornada de LaLiga ante o Rayo Vallecano (venres, 21:00, beIN Sports LaLiga). Xoves 10 de xaneiro 17:40 – Saída do aeroporto de Vigo con destino Madrid. 18:55 – Chegada ao aeroporto de Madrid e traslado ao Hotel Hesperia Madrid. Venres 11 de xaneiro … Continuación

O RC Celta xa coñece o horario da súa visita a Valladolid

LaLiga comunicou os horarios correspondentes a a xornada 21 de LaLiga, na que o RC Celta visitará ao Real Valladolid. Os celestes xogarán no estadio José Zorrilla o domingo 27 de xaneiro ás 12:00 horas e beIN Sports LaLiga retransmitirá o encontro en directo.

Rayo Vallecano – RC Celta: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Miguel Cardoso, convocou a dezaoito xogadores para o encontro da decimonovena xornada de LaLiga, na que o RC Celta visita ao Rayo Vallecano (viernes, 21.00, Vallecas). A listaxe completa fórmana: Sergio, Hugo Mallo, Araujo, Okay, Emre Mor, Fran Beltrán, Maxi Gómez, Pione Sisto, Rubén, Lobotka, Juncà, Boufal, Kevin, Jozabed, Cabral, … Continuación

Miguel Cardoso: «En Vallecas temos que rescatar a nosa idea de xogo»

Saídas. Todos os xogadores son importantes e contamos con todos. Están a adestrar moi ben e estou moi contento con eles. É normal que algúns que non están a xogar moito queiran facelo con máis asiduidade pero non hai ningunha saída prevista. Mercado de fichaxes. Estamos abertos ao mercado e ás oportunidades que poida haber. … Continuación

Match Centre | Rayo Vallecano – RC Celta

var widgetRF_1547228555334=new pym.Parent(“WidgetRF_match_detail_1547228555334″,”https://es.besoccer.com/scripts/widgets?type=match_nav&match=103829&season=2019&tabs=1&style=celtavigo”,{});

O RC Celta cae en Madrid ante o empuxe do Rayo Vallecano (4-2)

O RC Celta caeu derrotado nun partido tolo ante o Rayo Vallecano (4-2). O equipo de Miguel Cardoso logrou situarse por diante no marcador mediada a primeira metade, pero un hat-trick de De Tomás e outro gol de Bebe decantaron o partido en favor dos madrileños. Comezou o partido cun temperán gol do Rayo Vallecano … Continuación

O pospartido de Cardoso: Rayo Vallecano – RC Celta

Miguel Cardoso: «O equipo reaccionou tras o descanso»

O adestrador do RC Celta, Miguel Cardoso, apuntou a dous partes ben diferenciadas durante o partido ante o Rayo Vallecano. "Foi unha primeira metade tola, co Rayo situando a moitos xogadores na nosa liña. Houbo moita pelexa nun campo que estaba en mal estado polo xeo", sinalou o técnico en rolda de prensa. Ademais, enxalzou … Continuación