Match Centre | FC Barcelona – RC Celta

var widgetRF_1545491283250=new pym.Parent(“WidgetRF_match_detail_1545491283250″,”https://es.besoccer.com/scripts/widgets?type=match_nav&match=103802&season=2019&tabs=1&style=celtavigo”,{});

O RC Celta cae no Nou Camp ante a pegada do FC Barcelona (2-0)

O RC Celta caeu este sábado ante o FC Barcelona (2-0), que fixo valer a súa pegada nas poucas ocasións que lle concedeu o conxunto celeste. Os de Miguel Cardoso discutiron a posesión ante os azulgranas e gozaron de varias chegadas perigosas que non puideron concretar. O partido arrincou con ambos equipos disputándose o balón. … Continuación

Miguel Cardoso: “Demostramos o equipo que queremos ser”

O adestrador do RC Celta, Miguel Cardoso, lamentou o inicio do partido ante o FC Barcelona, onde os azulgranas conseguiron adiantarse no marcador cun gol de Dembele. "Ao principio buscamos a súa portería moi rápido e iso custounos recibir un gol pronto. A charla do descanso foi moi positiva porque volvemos ao plan inicial e … Continuación

Iago Aspas sofre unha lesión muscular no seu xemelgo dereito

Malas noticias para o RC Celta. Iago Aspas tívose que retirar antes de tempo durante o partido ante o FC Barcelona debido a unha lesión muscular. O canteirán sofre unha probable rotura fibrilar no xemelgo interno da súa perna dereita. Realizaráselle unha ecografía nos próximos días para coñecer o alcance exacto da lesión. Se se … Continuación

O dianteiro celeste Iago Aspas, de catro a cinco semanas de baixa

A ecografía realizada polos servizos médicos do RC Celta ao dianteiro Iago Aspas confirma o diagnóstico inicial e desvela que o canteirán sofre unha rotura de fibras no xemelgo interno da súa perna dereita. O periodo de baixa será de catro a cinco semanas.  

O primeiro equipo retoma os adestramentos este domingo

O primeiro equipo regresa este domingo aos adestramentos tras gozar dunha semana de vacacións. A primeira sesión para preparar o partido de LaLiga ante o Athletic Club do próximo 7 de xaneiro comezará ás 16.00 horas en A Madroa e será a porta aberta.

Thiago Aspas substitúe ao seu pai e pelexará por un posto na dianteira celeste

A última xornada ligueira deixou unha noticia negativa para os intereses celestes máis aló da derrota. Iago Aspas sufriu unha lesión muscular durante o choque ante o FC Barcelona no Camp Nou, unha rotura de fibras no xemelgo interno da súa perna dereita que, segundo o prognóstico dos servizos médicos celestes, manterá ao dianteiro galego … Continuación

O RC Celta xa coñece o horario do partido ante o Valencia

LaLiga comunicou os horarios correspondentes a a xornada 20 de LaLiga, na que o RC Celta recibe en ABANCA Balaídos ao Valencia CF. Os celestes xogarán o sábado 19 de xaneiro ás 20:45 horas e beIN Sports LaLiga retransmitirá o encontro en directo.

Rubén: «Temos que comezar a sumar de tres en tres»

Pero que bo gusto ten Kevin!

O canteirán celeste Kevin Vázquez demostra un gusto musical e televisivo exquisito no test de Celta Media. Dálle ao PLAY!