Stanislav Lobotka recibiu este xoves a alta médica tras completar de novo con normalidade o adestramento en A Madroa. O eslovaco lesionouse o pasado 1 de novembro e sufriu outro contratempo no seu nocello esquerdo tres semanas despois, cando xa encaraba a recta final da súa recuperación. O mediocentro estará a disposición de Miguel Cardoso … Continuación
O extraordinario momento de forma de Brais Méndez segue acaparando recoñecementos. O centrocampista celeste foi incluido esta semana no "Equipo da Semana" do videoxogo FIFA19 de EA Sports tras a súa fantástica actuación no Estadio de la Cerámica o pasado sábado, onde anotou o primeiro gol do partido e repartiu senllas asistencias a Okay e Maxi … Continuación
Lista convocados: Aínda non puxen no vestiario os xogadores que irán ao partido. Eles aínda non a saben. Jensen: Aínda non está dispoñible. Nos próximos días estará coa alta médica, pero despois deberá afrontar un proceso de readaptación funcional e un proceso de adaptación aos mecanismos do equipo. No futuro vai ser un xogador importante. Lobotka: Está dispoñible … Continuación
O adestrador do primeiro equipo, Miguel Cardoso, convocou a dezaoito xogadores para o partido da décimosexta xornada de LaLiga, na que o RC Celta recibe ao Leganés en ABANCA Balaídos (venres, 21:00, Bein Sports LaLiga). A listaxe completa fórmana Sergio, Hugo Mallo, David Costas, Araujo, Okay, Fran Beltrán, Maxi Gómez, Iago Aspas, Sisto, Rubén, Lobotka, … Continuación
var widgetRF_1544811997471=new pym.Parent(“WidgetRF_match_detail_1544811997471″,”https://es.besoccer.com/scripts/widgets?type=match_nav&match=103774&season=2019&tabs=1&style=celtavigo”,{});
RC Celta e Leganés asinaron un empate sen goles en Balaídos. O equipo celeste foi o claro dominador do choque e dispuxo das mellores ocasións, aínda que a mala fortuna privoulle de anotar algún tanto. O partido comezou cun RC Celta en campo rival, circulando a pelota con fluidez e aproximándose ao área visitante. Maxi … Continuación
O adestrador do RC Celta, Miguel Cardoso, mostrou a súa decepción polo empate do conxunto celeste ante o Leganés en ABANCA Balaídos. "Hoxe vimos un gran partido do RC Celta, un equipo que tivo a capacidade de manter a fidelidade do seu plan de xogo desde o primeiro ata o último minuto. Estou contento co que … Continuación
Maxi Gómez cumpriu este venres ante o Leganés 50 partidos coa camiseta do RC Celta en Primeira División. Nese medio centenar de encontros o dianteiro uruguaio conseguiu anotar 25 goles, un cada dous partidos. Ademáis, a súa excelente primeira campaña no equipo celeste permitiulle participar no pasado Mundial de Rusia coa selección de Uruguai. O … Continuación