O RC Celta recibe ao Real Madrid o domingo 11 de novembro

LaLiga comunicou os horarios correspondentes á duodécima xornada do campionato. O RC Celta recibe ao Real Madrid o domingo 11 de novembro ás 20:45 no estadio ABANCA Balaídos, un partido que retransmitirá en directo Movistar Partidazo.

Sete internacionais celestes en outubro

Novo parón de seleccións, no que o RC Celta achega sete futbolistas a sete combinados nacionais diferentes: España (Iago Aspas), México (Araujo), Turquía (Okay), Uruguai (Maxi Gómez), Dinamarca (Sisto), Eslovaquia (Lobotka) e Paraguai (Júnior). A nómina de internacionais celestes sería maior este mes de outubro coa convocatoria de Mathias Jensen pola Sub-21 danesa. Con todo, … Continuación

Boufal: «Temos que confiar máis na nosa calidade»

Kevin Vázquez recibe a alta médica

O defensa celeste Kevin Vázquez arrastraba nos últimos días unha escordadura leve no nocello esquerdo. O canteirán exercitouse este xoves con normalidade xunto ao resto do grupo e xa ten a alta médica. No parte de lesionados só aparece Mathias Jensen, cunha rotura fibrilar.

Juncà: «Afrontamos dous partidos importantes en casa»

O equipo volve ao traballo o luns a porta aberta na Madroa

Aproveitando o parón de seleccións, o primeiro equipo gozará esta semana de tres días de descanso, do venres ao domingo. O plantel celeste retomará o traballo de preparación do Celta-Alavés o vindeiro luns 15 de outubro ás 17:00 na Madroa, nunha sesión que se realizará a porta aberta.

A canteira celeste reluce en Gales

Até tres xogadores formados na Madroa -Iago Aspas (RC Celta), Jonny (Wolverhampton) e Rodrigo (Valencia)- coincidiron sobre o céspede do Millenium Stadium de Cardiff coa camiseta da Selección Española, todo un fito que pon en relevo o poderío da canteira celeste e o gran traballo realizado polo RC Celta e a súa Fundación na súa … Continuación

Sergio Álvarez responde o test de Celta Media

O RC Celta xoga en Anoeta un luns, cuarto da tempada

LaLiga comunicou os horarios correspondentes á décimo terceira xornada do campionato ligueiro. O RC Celta enfrontarase á Real Sociedade en Anoeta o 26 de novembro ás 21:00, un partido que retransmitirá en aberto GOL. O RC Celta xa suma esta tempada catro encontros de Liga programados en luns.

Okay Yokuslu, primeiro internacional celeste en regresar a Vigo

Okay Yokuslu reincorporouse este martes aos adestramentos do RC Celta na Madroa tras cumprir cos seus compromisos internacionais coa Selección de Turquía. O internacional celeste foi titular e xogou os 90 minutos nos dous choques disputados polo combinado otomán neste parón FIFA (empate 0-0 ante Bosnia e derrota 2-0 ante Rusia). O resto de internacionais … Continuación