O Celta, de menos a máis, suma un punto ante o Valencia (1-1)

O Celta sumou un meritorio punto en Mestalla tras remontar o tanto inicial do Valencia. Os vigueses víronse superados na primeira metade e foron mellores na segunda, na que Iago Aspas anotou o gol do empate cun cabezazo xenial. Tras un inicio igualado, cun Celta pausado e ordenado, o Valencia acelerou en diversas accións e … Continuación

Juncà sufriu unha escordadura de nocello en Mestalla

O defensa celeste David Juncà, titular en Mestalla, sufriu unha escordadura no nocello esquerdo durante a disputa do partido ante a Valencia CF. Os servizos médicos estimarán o tempo de baixa do xogador nos próximos días, á espera de observar como evoluciona a lesión.

Néstor Araujo: «Se melloramos detalles, o equipo vai estar arriba»

Pesar no RC Celta polo falecemento do ex preparador físico Luka Malesev

Pesar no RC Celta polo falecemento nas últimas horas en Novi Sad do que fose preparador físico do equipo celeste Luka Malesev, quen traballou no conxunto vigués ás ordes do adestrador Milorad Pavic. O RC Celta envíalle o seu máis sentido pésame e todo o seu agarimo aos familiares, amigos e coñecidos de Malesev.

Antonio Mohamed: «O luns temos que estar á altura e gañar»

Antonio Mohamed atende aos medios de comunicación antes do partido de LaLiga ante o Getafe CF (luns 1 de outubro, 21:00, ABANCA Balaídos).

RC Celta-Getafe: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Antonio Mohamed, convocou a dezaoito futbolistas para a sétima xornada de LaLiga 2018/19. O RC Celta recibe ao Getafe CF este luns 1 de outubro ás 21:00 no estadio ABANCA Balaídos. A listaxe completa fórmana Sergio, Hugo Mallo, Araujo, Okay, Beltrán, Maxi Gómez, Iago Aspas, Sisto, Rubén, Lobotka, Juncà, Jensen, … Continuación

O RC Celta visita ao Real Betis o domingo 4 de novembro

LaLiga comunicou os horarios correspondentes á xornada 11, na que o RC Celta enfróntase ao Real Betis no Benito Villamarín. O partido ante os andaluces programouse para o domingo 4 de novembro ás 20:45 e beIN Sports LaLiga retransmíteo en directo.

A previa de Celta Media: RC Celta-Getafe

O Celta deixa escapar dous puntos no seu feudo (1-1)

Un Celta de máis a menos deixou escapar dous puntos ante o Getafe no partido disputado en ABANCA Balaídos, onde os celestes non perden desde o pasado mes de decembro. Maxi Gómez adiantou ao equipo vigués ao aproveitar unha mala saída do porteiro rival. Os visitantes gozaron dun par de boas ocasións, frustradas por un … Continuación

Mathias Jensen, «feliz» polos seus primeiros minutos co Celta