Girona – RC Celta: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Antonio Mohamed, convocou a dezanove futbolistas de cara á cuarta xornada de LaLiga 2018/19. O RC Celta visita ao Girona FC este luns 17 de setembro ás 21:00 no estadio de Montilivi. A listaxe completa fórmana Sergio, Hugo Mallo, David Costas, Araujo, Okay, Emre Mor, Beltrán, Maxi Gómez, Iago Aspas, … Continuación

O Celta sofre en Girona a súa primeira derrota (3-2)

O Celta sufriu en Girona a súa primeira derrota da tempada (3-2) nun partido no que  tentou todo, pero sen fortuna nin fluidez nalgunhas fases e ante un rival moi ordenado, acertado e con gran oficio. Iago Aspas anotou o primeiro gol celeste cun gran lanzamento de falta e Boufal o segundo no tramo final. … Continuación

Sofiane Boufal, no once ideal da cuarta xornada de LaLiga

LaLiga Fantasy, o xogo oficial de LaLiga que cada semana elixe aos mellores futbolistas de Primeira División segundo o seu rendemento, publicou o once ideal da cuarta xornada. O atacante celeste Sofiane Boufal, autor dun gol ante o Girona, forma parte da mellor aliñación da xornada. Xunto ao internacional marroquí forman Jaume Domenech (Valencia), Layún … Continuación

Lobotka: «Estou feliz e centrado en facer unha boa tempada co Celta»

Juan Hernández, operado satisfactoriamente da súa lesión

Juan Hernández foi intervido satisfactoriamente este mércores. O atacante celeste sufriu unha rotura do ligamento cruzado anterior e do menisco interior do seu xeonllo esquerdo hai dúas semanas, durante un adestramento co Cádiz CF, equipo no que milita esta tempada en calidade de cedido. O tempo de baixa oscilará entre o seis e o oito … Continuación

Hugo Mallo, dúbida para o partido ante o Real Valladolid

Hugo Mallo sufriu unha lesión do bíceps femoral esquerdo durante o adestrament deste xoves na Madroa. Os servizos médicos do RC Celta realizarán unha ecografía para concretar o diagnóstico.

Sergio: «Este equipo vai pelexar ata o último minuto pase o que pase»

Entradas desde 10€ e 20€ para recibir ao Getafe

O RC Celta recibe ao Getafe CF o vindeiro luns 1 de outubro ás 21:00 horas no estadio ABANCA Balaídos. O club estableceu para este encontro uns prezos de entradas que oscilan entre os 10 e os 20 euros para os afeccionados Sub-25 e entre os 20 e os 40 euros para a categoría Adulto. … Continuación

Hugo Mallo, baixa por lesión para o partido ante o Valladolid

A ecografía realizada a Hugo Mallo revelou que o xogador galego sofre unha elongación no bíceps femoral esquerdo, lesión que lle impedirá participar no partido de Liga deste sábado ante o Real Valladolid (sábado, 16:15, ABANCA Balaídos).

RC Celta – Real Valladolid: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Antonio Mohamed, convocou a dezaoito futbolistas para a quinta xornada de LaLiga 2018/19. O RC Celta recibe ao Real Valladolid este sábado 22 de setembro ás 16:15 no estadio ABANCA Balaídos. A listaxe completa fórmana Sergio, David Costas, Araujo, Okay, Emre Mor, Beltrán, Maxi Gómez, Iago Aspas, Sisto, Rubén, Lobotka, … Continuación