Okay regresou da concentración coa selección turca

O internacional turco Okay Yokuslu reincorporouse este mércores aos adestramentos do equipo na Madroa. O centrocampista celeste foi titular nos dous partidos da UEFA Nations League que a Selección Turquía disputou na última semana, xogando ademais o noventa minutos en cada un deles. Con Okay, Lobotka, Mazán e Sisto xa son catro os internacionais que … Continuación

Todo o plantel dispoñible tras a alta de Mazán

Antonio Mohamed xa conta con todo o plantel celeste á súa disposición. Coa alta médica de Robert Mazán, quen sofría unha lesión leve, e o regreso de todos os internacionais (Jensen chegará este venres), o adestrador do RC Celta poderá contar con todos os xogadores para o partido de LaLiga en Girona (luns, 21:00, Montilivi).

Iago Aspas e Brais Méndez reincorpóranse aos adestramentos

Os canteiráns celestes Brais Méndez e Iago Aspas incorporáronse este xoves aos adestramentos do RC Celta na Madroa tras finalizar os seus compromisos internacionais. Brais debutou con España Sub-21 e acumulou trinta e tres minutos repartidos en dous partidos de clasificación ao Campionato Europeo, torneo para o que o cadro español xa asegurou a súa … Continuación

Maxi Gómez: «O de Girona será un partido de loita»

Comida de convivencia antes de enfrontarse ao Girona

Xogadores e corpo técnico compartiron este xoves unha comida ao termo do adestramento en A Madroa. Nas mesmas instalacións celestes, o primeiro equipo preparou un asado e gozou dun bo intre antes de afrontar o próximo partido de Liga ante o Girona (luns, 21:00, Montilivi, Gol).

Un venres para recibir ao Alavés no ABANCA Balaídos

LaLiga comunicou os horarios correspondentes á xornada 9 de LaLiga, na que o RC Celta recibe ao Deportivo Alavés no estadio ABANCA Balaídos. O encontro entre galegos e vascos foi programado para o venres 19 de outubro ás 21:00 e beIN Sports LaLiga retransmitirao en directo.

O plantel complétase co regreso de Mathias Jensen

Mathias Jensen foi o último internacional celeste en regresar a Vigo. O Sub-21 danés reincorporouse aos adestramentos en A Madroa este venres e, coa enfermaría baleira, Antonio Mohamed por fin conta cos vinte e catro xogadores do primeiro persoal á súa disposición. O técnico arxentino deberá facer polo menos seis descartes para o partido en … Continuación

Lobotka: «Meu obxectivo é axudar ao Celta a regresar a Europa»

Antonio Mohamed: «Ningún campo pode supoñernos un obstáculo»

Girona – RC Celta: plan de viaxe

O primeiro equipo desprázase a Girona para xogar a cuarta xornada de LaLiga ante o Girona FC o luns 17 de setembro ás 21:00 horas en Montilivi (TV: Gol). Luns 17 de setembro 10:00 - Saída do aeroporto de Vigo con destino Girona. 11:40 - Chegada ao aeroporto de Girona e traslado ao Hotel Meliá … Continuación