O RC Celta disputará un amigable este mércores ante o Real Oviedo

O RC Celta continúa coa súa preparación de cara á esixente tempada 2020/2021. O equipo de Óscar García disputará este mércores o seu primeiro amigable de pretempada ante o Real Oviedo para chegar nas mellores condicións ao comezo do campionato. O encontro disputarase no estadio ABANCA Balaídos a partir das 18.30 horas e será retransmitido … Continuación

O RC Celta empata ante o Oviedo no primeiro amigable de pretemporada (2-2)

RC Celta e Real Oviedo empataron este mércores en Abanca Balaídos (2-2) no primeiro encontro de pretemporada para o equipo celeste. Adiantáronse os asturianos no marcador tras unha perda do conxunto local e rapidamente chegou o empate tras unha carambola despois dun disparo de Iago Aspas. Emre Mor puxo o 2-1 momentáneo no marcador cun … Continuación

Juan Hernández renova ata 2022 e xogará cedido no Sabadell até final de tempada

Juan Hernández será xogador celeste até o ano 2022 unha vez pechada a súa ampliación de contrato co Real Club Celta. O extremo lorquino xogará cedido no Sabadell ata final de tempada tras o acordo alcanzado co club catalán. O Real Club Celta deséxalle o maior dos éxitos durante a súa cesión no conxunto branquiazul.

O RC Celta comenzará LaLiga ante a SD Eibar

LaLiga e a RFEF deron a coñecer este luns o calendario da próxima tempada. O RC Celta debutará no campionato a próxima semana ante a SD Eibar en Ipurúa. O primeiro partido en Abanca Balaídos será na xornada dúas ante o Valencia.

O RC Celta vence ao CD Lugo no seu segundo partido de pretemporada (2-0)

O RC Celta impúxose ao CD Lugo este mércores en ABANCA Balaídos (2-0) no segundo partido de pretemporada. O equipo de Óscar García foi de menos a máis durante o encontro e tras unha primeira parte igualada mostrou a súa superioridade no segundo tempo. Emre Mor adiantou ao equipo celeste tras unha gran combinación entre … Continuación

Denis Suárez completa o adestramento co grupo e recibe a alta médica

Boas noticias na enfermaría celeste. Denis Suárez, que esta semana se reincorporou aos adestramentos co grupo, completou este xoves a sesión con total normalidade e recibiu a alta médica. O centrocampista estará dispoñible para o inicio de LaLiga.

Pione Sisto xogará no FC Midtjylland a próxima tempada

O RC Celta e o FC Midtjylland alcanzaron un acordo para o traspaso do extremo danés Pione Sisto, que abandona o conxunto celeste despois de catro tempadas. O RC Celta gárdase unha porcentaxe dunha futura venda. Pione Sisto participou en 135 partidos oficiais coa camiseta do RC Celta nos que repartiu 14 asistencias e anotou … Continuación

O ‘Toro’ Fernández xogará cedido no Real Zaragoza

RC Celta e Real Zaragoza chegaron a un acordo para a cesión até final de tempada do dianteiro uruguaio Gabriel 'Toro' Fernández. O RC Celta desexalle toda a sorte e o maior dos éxitos durante a súa etapa no club de LaLiga SmartBank.

SD Eibar – RC Celta: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Óscar García, convocou a vinte e catro xogadores para o partido da primeira xornada de LaLiga na que o RC Celta visita á SD Eibar (sábado, 16.00, Ipurúa). A listaxe completa fórmana: Iván Villar, Hugo Mallo, Araujo, Okay, Denis Suárez, Álvaro Vadillo, Fran Beltrán, Nolito, Iago Aspas, Emre Mor, Renato … Continuación

Un sólido RC Celta empata no seu debut na liga (0-0)

Un sólido RC Celta empatou no seu debut liguero ante a SD Eibar (0-0) nun encontro no que foi superior. Os de Óscar García foron de menos a máis e gozaron das mellores ocasións do partido. Os primeiros 45 minutos estiveron marcados pola igualdade, aínda que foron os xogadores celestes os que tiveron as mellores … Continuación